MÉDICOS FORENSES: PUBLICADA NO DOG E NO BOE CONVOCATORIA DE LIBRE DESIGNACIÓN NO IMELGA: subdirector/a Imelga A Coruña

Publicada no DOG e no BOE de hoxe a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO BOE

  • Prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación.
  • As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

Características do posto:

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Código do posto: XG9251820015001310.02.

Corpo: médico forense.

Forma de provisión: libre designación.

Complemento específico: 13.446,60 €.

Complemento xeral do posto: 22.918,92 €.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.