
📢🔊 INFORMACIÓN URXENTE SOBRE OS TRASLADOS E A MUDANZA NOS EDIFICIOS XUDICIALES DE A PARDA (Pontevedra)‼️
😡😡 BASTA XA DE RIRSE DOS TRABALLADORES DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA‼️ OS FUNCIONARI@S NON SOMOS GANDO Ó SERVIZO DO DIRECTOR XERAL, DO LAX COORDINADOR E DOS DIFERENTES LAX DIRECTORES E XEFES‼️ NON PERMITIREMOS QUE SE NOS TRATE COMO TALES NIN QUE SE PISOTEEN OS NOSOS DEREITOS‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃
ℹ️➡️ SPJ-USO PRESENTA QUEIXA FORMAL ANTE A DXX E ESIXE INFORMACIÓN, COHERENCIA NAS DECISIÓNS, RESPETO ÓS NOSOS DEREITOS E NON PERMITIRÁ NINGÚN ATROPELO REFERENTE Á MUDANZA E TRASLADOS DOS EDIFICIOS XUDICIALES DE «A PARDA».
📣📣 Lamentamos non poder darvos información veraz sobre os múltiples acordos e desacordos que se están a adoptar, pero OS LEXÍTIMOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES, OS SINDICATOS, non se nos está informando sobre os ditos acordos, véndonos obrigados a mendigar información para exercer o noso traballo e a defensa dos traballadores.
👉👉 Ante as múltiples visitas de diferentes xefaturas e cargos, entre eles o Director Xeral de Xustiza, os múltiples acordos e desacordos, os múltiples rumores e a NULA información fiable ós lexítimos representantes dos traballadores da Administración de Xustiza dos Xulgados de A Parda (Pontevedra), dende SPJ-USO Pontevedra vimos de presentar QUEIXA FORMAL e ESIXIMOS se nos informe á maior brevidade posible sobre os ACORDOS ADOPTADOS REFERENTES Á “MUDANZA” que se está a acordar referente ó SC Tramitación, SC Execución, e SC Xeral, solicitando se faga con coherencia, acordándoa con antelación suficiente e organizándoa, e respetando, en todo caso, os dereitos e as funcións dos traballador@s.
⚠️⚠️ En caso de que consideredes que calquera decisión vulnera os vosos dereitos, non dubidedes en poñervos en contacto con nós, que estamos á vosa disposición.
⛔⛔ Basta xa de improvisación, aforro de medios e desorganización!!!
SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.


















