IMPORTANTE – CONFIRMACIÓN NO POSTO – A SOLICITUDE DE SPJ-USO A DXX PUBLICARÁ 🗓️ NESTA SEMANA, POR FIN, AS CIFRAS CONCRETAS DAS PORCENTAXES DE CONFIRMACIÓN, SEGUNDO A DISTRUBUCIÓN ACTUAL!!!

spjinforma

ℹ️➡️ Tal como vos temos explicado: «A confirmación realizarase nos postos de traballo incluídos na RPT para cada corpo funcionariado, tendo en conta a distribución do persoal destinado nos xulgados ou servizos comúns de orixe segundo a súa tipoloxía, a fin de que se proxecte nos servizos comúns de destino en idéntica proporción. A tal efecto a Administración establecerá a porcentaxe correspondente segundo a distribución actual (contencioso-administrativo, social, familia, instrución, penal, menores ou vixilancia penitenciaria), e confirmará en idéntica proporción na área que corresponda.»

📣 SPJ-USO solicitou á DXX que a publicación das porcentaxes concretas, dada a importancia das mesmas non debe demorarse mais, ó que a DXX ven de informarnos que as publicará no que queda de semana.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.