GRUPO DE TRABALLO 28/10/2025- REORDENACIÓN DE EFECTIVOS- FASE III

 

REORDENACIÓN DE EFECTIVOS- FASE III

MEDIDAS ADOPTADAS PARA ORGANIZAR AS FUNCIÓNS DE CADA TRABALLADOR NOS CENTROS DE TRABALLOS  NOS VINDEIROS DIAS

A DXX, remitiu unhas tablas de Excel, para que os letrados especifiquen que funcións realiza cada funcionari@,  (persoal que tramita, executa ou ambos).

A Xunta elabora unha listaxe que enviará a cada traballador para que verifique si hai coincidencia co manifestado polo letrado,  si non hai coincidencia ten o prazo de tres días para alegacións.

DXX está traballando nunha xanela  a través do OPAX para que cada traballador comunique a súa función, é dicir si tramita ou executa,  e queda confirmado. As persoas que realizan funcións de tramitar e executar poderán escoller unha opción ou outra.

 Si non coincide o alegado polo letrado  co manifestado co  traballador, a Xunta verificadas as alegación, decidirá o oportuno.

EXCEPCIÓN PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA DE SANTIAGO  E OURENSE

 Enviarase a través do Notifica unha comunicación específica para que os funcionarios escollan a súa preferencia, BEN POR VIOLENCIA O POR GARDA.

 AS PORCENTAXES DE CONFIRMACIÓN DOS DISTINTOS CENTROS DE DESTINO CONTAN CON FACILITALOS ENTRE ESTA SEMANA E A QUE VÉN

FUNCIONARIOS QUE SE ENCONTREN DE BAIXA OU EXCEDENCIA:

Os funcionarios que se encontren de baixa ou en algún tipo de excedencia, debe entrar no OPAX e escoller a preferencia.

Se sabemos de algún funcionario que non podía acceder ao OPAX por algunha causa (facémosllo saber a Xunta)

 EN CANTO AS XUBILACIÓNS:

Os Xubilados antes do 31/12/2025 non entran no proceso de reordenación, aqueles que se xubilen a data 31/12/2025 ou posterior si entran na fase de  reordenación.

REORDENACION: AS PERSOAS QUE VAN A REORDENACION PODEN OPTAR A TODAS AS VACANTES DA LOCALIDADE

 CORPO DE AUXILIO: IRÁN DIRECTAMENTE AO SERVICIO COMÚN XERAL

Será o LAJ director ou o Xefe de equipo o que ten que distribuír o traballo entre todos os auxilios.

Tras debate na mesa de traballo, queda pendente establecer o criterio do SERVICIO DE APOIO, si se confirmará no Servicio común ou irá a reordenación., as OOSS remitirán as alegacións que considere oportunas

 AUXILIOS XUDICIAIS NOS REXISTROS CIVÍS NON EXCLUSIVOS:

Van a ser confirmados no Rexistro Civil, a pesar de que ata o día de hoxe, se certificase que estaban no xulgado.

PRAZAS VALEIRAS NOS CONCURSOS ESPECIFICOS

A DXX deixa o debate aberto ante as dúbidas de como cubrir as prazas que poidan quedar libres (liberados, LAJ en substitución e vacante propiamente dita)

VACACIÓNS E ASUNTOS PROPIOS

Non hai nada en concreto desde DXX, ningunha instrución que impida os traballadores exercer os seus dereitos as vacacións e engade, que chegado o momento, si “SE APRECIA NECESIDADE”, ampliarase o tempo de desfrute. 

O sindicato SPJ-USO, insiste que se conteste ao solicitado de ampliación ata o mes de  marzo, con rapidez para a organización das oficinas Xudiciais.

ESCALAFON:

Vaise colgar na INTRANET os próximos dias o escalafón actualizado a agosto do 2025

PREGUNTAS EFECTUADAS POR TODAS AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E RESPOSTAS FACILITADAS POLA DXX

A DXX nos vindeiros días colgará na Intranet as dudas efectuadas polas OOSS PARA QUE ESTEAN AO ALCANCE DE TODOS Os TRABALLADORES

ACCEDE A CIRCULAR

MESA DE TRABALLO 28.10,25

ACCEDE AS RESPOSTAS FACILITADAS POLA DXX

RESPOSTAS DXX A PREGUNTAS DE SPJ USO

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.