HORARIO DOS SERVIZOS MÍNIMOS

HORARIO

IMPORTANTE: HORARIO DOS SERVIZOS MÍNIMOS!!!

SPJ-USO SOLICITA Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA SE DICTE INSTRUCCIÓN POLA QUE SE ACORDE QUE O HORARIO A REALIZAR POLOS FUNCIONARIOS EN SERVIZOS MÍNIMOS SEXA DE 9 A 14 HORAS, POR MOTIVOS DE SAÚDE PÚBLICA.

Dende SPJ-USO esiximos SERIEDADE e RESPONSABILIDADE á ADMINISTRACIÓN, e por motivos de saúde pública, dadas as excepcionais circunstancias nas que nos atopamos na actualidade e visto o contido da Resolución de 15 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza na que se fixan os servizos mínimos esenciais na administración de xustiza , como consecuencia da evolución epidemiológica do Coronavirus COVID-19:

– Non ten ningún sentido ter a todos os traballadores que por razón dos servizos mínimos establecidos, estéan nos seus postos de traballo, permanecer no mesmo máis do tempo indispensable, para atender aquelas actuacións urxentes e imprescindibles establecidas.

– Tendo ademais en conta que determinados edificios xudiciais da Comunidade, non contan sequera con fiestras para poder ventilar as oficinas xudiciais.

– E en definitiva para evitar máis riscos dos estrictamente necesarios.

SOLICITAMOS QUE DE FORMA URXENTE SE DICTE INSTRUCIÓN OU  RESOLUCIÓN PERTINENTE, PARA QUE O HORARIO A REALIZAR DENTRO DAS OFICINAS SEXA O ESTRICTAMENTE NECESARIO, E EN NINGÚN CASO SUPERIOR Ó HORARIO DE ATENCIÓN Ó CIDADÁN, DE 9 A 14 HORAS.

Igualmente aclaramos, ante as malinformacións que se están a difundir, que o horario nas oficinas xudicias, se non se dicta resolución en contrario, é o horario xeral da xornada de inverno (6 horas de fixo e 1 de flexible). Porén, a administración maniféstanos que serán “flexibles” co control horario deste mes de marzo.

De acollerse a nosa solicitude e dictarse resolución expresa establecendo unha modificación horaria, por suposto que vos manteremos puntualmente informados.

Accede ó escrito presentado: ESCRITO HORARIO PRESENTADO

Los comentarios están cerrados.