SPJ USO- 📚Formación Gratuita INAP 2a Edición 2024 – Novos cursos!!!

Desde SPJ-USO consideramos a formación como unha ferramenta básica para que os traballadores e traballadoras esteamos ao día, e por iso, apostamos pola formación para que o noso traballo nos Servizos Públicos sexa de calidade.
Cursos homologados por INAP nacional, válidos para OPOSICIÓNS, CONCURSOS, BOLSAS DE INTERINOS, etc…
📆A data de Inscripción:  dende o 22 xaneiro 2024 a 26 de Febreiro de 2024.

✍️Os cursos realizaranse dende o 1 de marzo ata o 15 de abril  de 2024.

As accións formativas convocadas son:

Unha vez accedas á nosa plataforma de formación, podes auto matricularte simplemente facendo dobre clic sobre o curso/s que che interese/n.

Lembra que para poder acceder á nosa plataforma tes que rexistrarte como usuario cun nome de usuario e un contrasinal na nosa AULA FACUSO.

Se xa tes usuario e contrasinal por realizar algún curso anterior NON é necesario que te rexistres de novo.

Despois accede á Área de INAP  unicamente tes que facer dobre clic no curso ao que queiras inscribirte. Se aparecen incidencias ou consultas na matriculación, podes contactar no seguinte email, indicando nome, apelidos, DNI e os cursos para realizar a matriculación:

AVISOS IMPORTANTES:

1. Non fagas clic en ningún dos cursos se non tes decidido matricularche no mesmo, xa que che matricularía directamente. Non hai información previa á matriculación.

2. Se vas usar os cursos para achegalos a algún proceso selectivo (sexa oposicións ou bolsas de interino) procura elixir aqueles que reúnan o requisito de ser materia relacionada coas funcións do corpo, que é condición na maioría dos procesos e bolsas. Con todo, sendo a normativa de bolsa dispar para cada Comunidade Autónoma, contrasta antes os requisitos que che esixan na mesma para saber se o curso reúne as condicións para que logo che sexa valorado como mérito.

3. Lémbra que a relación de cursos a realizar respecto a cota de afiliación para os cursos específicos do INAP é de:

Cota A: 2 cursos por edición.

Cota B: 1 curso por edición.

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.