No DOG de hoxe publícanse os cursos do PLAN FORMATIVO OFIMÁTICO DE GALICIA. Destinados o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
A EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, conti núa co deseño dun itinerario formativo no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación que coadxuvará á modernización da Administración e achegará un valor engadido aos servizos que se prestan á cidadanía.
Os cursos versarán sobre as aplicacións informáticas seguintes:
- Bases de datos LibreOffice Base, Microsoft Office 2010.
- Follas de Cálculo, LibreOffice Calc, Microsoft Office 2010.
- Tratamento de Textos, LibreOffice Writer, Microsoft Office 2010.
- E outras aplicacións para presentacións gráficas, Sistemas Operativos, Internet e Correo Electrónico.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse median- te o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: Resolución do DOG
ADEMÁIS DOS CURSOS OFIMÁTICOS ARRIBA DESCRITOS A EGAP ADIANTA AS CONVOCATORIAS PREVISTAS PARA PRÓXIMAS DATAS:
– Actividades de tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos.
Data prevista de publicación no DOG: 27 de febreiro
Prazo de matrícula: do 28 de febreiro ao 5 de marzo
– Actividades en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero.
Data prevista de publicación no DOG: 28 de febreiro
Prazo de matrícula: do 29 de febreiro ao 11 de marzo


















