RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 23 de febreiro de 2017.
Teleformación, 60 HORAS, do 14 de marzo ao 11 de maio de 2017, examen o día 11 de maio ás 10.00 horas.
Contido: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, Riscos xerais e a súa prevención, Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención, Elementos básicos da xestión da prevención de riscos, Primeiros auxilios, Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
As solicitudes realizaranse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Información no teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>


















