Cursos de linguaxe xurídica galega para funcionarios de dentro da Comunidade

logo_dogNo DOG de hoxe, 20.5.2013, publícase a RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma. Os cursos serán na modalidade de teleformación: 3 edicións de nivel medio e 3 edicións de nivel superior.

O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Descargar PDF

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.