
No DOG de 20 de agosto publicábase:
Resolución do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega (medio e superior) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
HOXE ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE SOLICITUDES ATA O 10 DE XANEIRO DE 2020, PARA OS CURSOS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE (FEBREIRO MAIO).
Primeiro.- Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2019/20, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
INSCRIPCIÓN.- A través do formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
Terceiro. Asignación das prazas. Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
o momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude, independentemente da escola e curso solicitado.
A obtención de número para a adxudicación das prazas nos cursos realizarasé en acto público o 13 de xaneiro ás 13.00 horas,
Cuarto. Presentación da documentación.- ata o 17 de xaneiro de 2020 na secretaria onde foi admitido.


















