Resolución do 23 de xuño do 2008 pola que se convoca un curso de formación continua en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Xustiza.
Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o persoal ao servizo da administración de xustiza en Galicia para 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de xullo de 2008
RESOLVO:
Convocar en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Xustiza, o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases, características e contidos detallados nos anexos desta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de xuño 2008.
Carlos Suárez-Mira Rodríguez
Director da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases.
1ª Requisitos dos participantes:
Poderán participar na acción formativa convocada por esta resolución os funcionarios dos corpos xerais ao servizo da administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos no anexo II.
Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
2ª Acceso ás actividades, datas e lugares de realización:
Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para o curso no anexo II. A participación no curso que teña lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.
O curso realizarase coa duración e condicións que se indica no anexo II. A información será actualizada e ampliada na páxina web http://www.xudicial.xunta.es.
3ª Solicitudes.
a) A solicitude de admisión ao curso tramitarase a través do portal do empregado público de xustiza http://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/. Os funcionarios con destino nos xulgados de paz ou en excedencia por coidados de fillos poderán formular a súa solicitude no modelo que figura no anexo III desta convocatoria, que remitirán ao fax da Dirección Xeral de Xustiza 981 54 62 22.
Para a utilización do portal do empregado público poderanse realizar consultas nos teléfonos 881 997 081 881 997 178.
Para calquera outra consulta sobre tramitación das solicitudes e xestión do curso, os alumnos deberán dirixirse á Dirección Xeral de Xustiza aos números de teléfono 881 997 081 881 997 178.
b) O prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de xullo de 2008.
c) Os interesados en impartir a acción formativa contida na presente convocatoria deberán estar inscritos na base de datos antes do comezo da actividade formativa, de conformidade co establecido na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 13 de novembro de 2007, pola que se establece unha base de datos para formadores.
4º Requirimentos técnicos.
As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
-Ordenador con conexión á internet.
-Navegador de internet.
-Conta de correo electrónico especificada na solicitude.
5º Criterios de selección.
Os criterios xerais de selección, respectando as previsións sobre criterios selectivos contidos na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG nº 71, do 10 de xaneiro), serán os seguintes:
1º Non ter participado en cursos de formación continua promovidos pola consellería competente en materia de xustiza desde o ano 2005. Este criterio só será operativo para o primeiro curso en que o solicitante resulte admitido na presente convocatoria.
2º Titulares respecto de interinos.
3º Ter realizado menos cursos desde o ano 2005. Para estes efectos computaranse os cursos en que o interesado resultase admitido na presente convocatoria.
4º Estar utilizando ou ter utilizado nos dous últimos anos unha licenza de maternidade, permiso de paternidade, excedencia por coidado de fillos ou familiares ou redución de xornada polos mesmos motivos.
5º Antigüidade, que se resolverá co criterio de maior antigüidade no 50% dos casos e co criterio de menor antigüidade no outro 50%.
En todo caso, con carácter supletorio serán aplicables os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 7, do 10 de xaneiro de 2008) e, de ser o caso, os criterios específicos que se establezan na acción formativa sinalados no anexo II.
6º Publicación das relacións do persoal seleccionado e penalización en convocatorias sucesivas por falta de asistencia.
1. A Dirección Xeral de Xustiza publicará na súa páxina web http://www.xudicial.xunta.es/. unha relación provisional das persoas seleccionadas para participar neste curso.
2. A renuncia ao curso concedido debe ser comunicada por escrito vía fax á Dirección Xeral de Xustiza cunha antelación, alomenos, de cinco días ao comezo do curso. No caso de que entre o comezo do curso e a data de publicación da listaxe de admitidos ou, no seu defecto, a data da notificación ao interesado non medie o dito prazo, poderá formularse a renuncia dentro das 48 horas seguintes. Unha vez comezado o curso a falta de asistencia ao curso dos solicitantes admitidos sen causa suficientemente xustificada e documentada ante a Dirección Xeral de Xustiza, será penalizada para efectos de concesión de cursos en convocatorias sucesivas.
7º Certificados.
1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade no curso.
a) É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións do curso. Toda inasistencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.
b) Para poder acadar o dito certificado no curso de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
-Adecuada realización das actividades que o titor propoña. Estas deben constar como aprobadas.
-Lectura detallada dos contidos do curso. O curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma.
2. Outorgaráselle certificado de aproveitamento, -en vez de certificado de asistencia- , ao alumnado do curso que, ademais de cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior, superen as probas de avaliación que se establezan.
Ao inicio do curso, o profesor publicará o programa do curso sinalando as probas de avaliación que coide oportunas, así como as datas en que estas terán lugar. En todo caso, no curso de teleformación, as probas de avaliación serán na modalidade de teleformación.
8º Facultades da EGAP.
1. A EGAP, por proposta da Dirección Xeral de Xustiza, poderá modificar o desenvolvemento e máis o contido do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.
2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspender a realización do curso, empregando para o efecto os medios de notificación aos interesados previstos na normativa vixente.
3. A execución material da acción queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2008.
Carlos Suárez-Mira Rodríguez
Director da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO II
Curso.
Curso de rexistro civil (Modalidade teleformación).
Código: LO08052.
Área formativa: específica do sector competencial.
Tipo: xeral.
1. Obxectivos.
Proporcionar unha formación avanzada, cun enfoque fundamentalmente práctico, para perfeccionar coñecementos sobre a xestión e tramitación de expedientes gobernativos do Rexistro Civil, orientado a mellorar a calidade do traballo nas oficinas de Rexistro Civil e a contribuír a mellora da cualificación profesional.
2. Destinatarios.
Funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
3. Requirimentos técnicos.
-PC con conexión á internet.
-Conta de correo electrónico.
-Navegador de internet.
4. Desenvolvemento.
Duración: 40 horas de autoestudo, con titorías, traballos e probas de aptitudes telemáticas.
Datas: 1 de outubro ao 30 de novembro de 2008.
Prazas: 200 persoas.
5. Contido.
Práctica e expedientes do Rexistro civil. Nacionalidade e veciñanza civil: adquisición por residencia e outros expedientes de adquisición. Recuperación da nacionalidade española. Perda da nacionalidade española. Declaracións e actuacións en relación coa veciñanza civil. Incidencias da Lei de estranxería no rexistro/Nome e apelidos: galeguización do nome, galeguización de apelidos, cambio do nome polo usado habitualmente, alteración da orde dos apelidos, cambio de nome e apelidos competencia do Ministerio de Xustiza. / Nacementos: expediente de inscrición fóra de prazo, tramitación das solicitudes de inscrición de nacementos ocorridos no estranxeiro, a inscrición de nacementos das persoas que adquiren a nacionalidade española. / Matrimonio civil: expediente previo ao matrimonio civil. Tramitación da solicitude de certificado de capacidade matrimonial. Inscrición de matrimonios celebrados no estranxeiro. Tramitación da solicitude de indicación do réxime matrimonial. / Expedientes para concordar o Rexistro civil coa realidade: rectificación de erros, expedientes para completar ou suprimir circunstancias e asentos, defectos e faltas formais e a súa corrección, reconstitucións de inscricións destruídas. / Outras cuestións: traslado de inscricións, organización da oficina e libro diario e auxiliar do Rexistro civil.