CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

OFIMATICARESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decre-to 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso:

1. Número de prazas: 180.

2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.4.

4. Datas de realización: do 2 de marzo ao 24 de maio de 2020.

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base sexta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxi-na web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.

Probas de avaliación presencial

As persoas que completen a totalidade do curso de preparación dentro do prazo esta-blecido poderán optar voluntariamente á proba da avaliación final convocada pola Amtega, a través da rede CeMIT, para acreditar as capacidades, as destrezas e os coñecementos globais en ofimática co fin de obter a certificación galega de competencias dixitais en ofi-mática, tal e como se recolle no artigo 6.1 do Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a dita certificación. O acceso aos contidos ou o seguimento deste curso de preparación por teleformación non outorga dereito á expedición de ningún tipo de certificación.

Ver D.O.G.A

Los comentarios están cerrados.