No DOG de hoxe, 8.4.09, publícase a Resolución do 31 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. O plazo de presentación de instancias comenza o día 15 de abril e remata o día 8 de maio.
Para visualizar a convocatoria premer aqui
Destacamos como puntos máis salientables a ter en conta os seguintes:
– Todos os que desexen formar parte destas bolsas han de solicitalo, tanto os que non traballan nestes intres como aqueles que se atopan traballando.
– Formarase unha bolsa de traballo e unha de reserva de ámbito provincial.
– Só se poderá estar incluido nunha bolsa provincial.
– As bolsas terán unha vixencia de dous anos.
– Os candidatos deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias, as condicións sinaladas no artigo 7.1º da Orde do 10 de febreiro de 2009.
– Os candidatos deberán empregar necesariamente o formulario de solicitude posto á súa disposición na aplicación informática que se indica no seguinte punto.
– O formulario da solicitude deberá ser obtido, cuberto e validado necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática portal do empregado público de xustiza establecida na páxina web da Dirección Xeral de Xustiza sita no enderezo da internet http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm. Tamén se pode acceder desde o enderezo https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/
– As solicitudes, unha vez impresas e coa documentación correspondente, deberán necesariamente presentarse en formato papel e asinadas polo interesado en calquera dos rexistros do art. 38.4 da Ley 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico Das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
– Non se admitirán as solicitudes enviadas por fax ou correo electrónico.
Para calquera aclaración, ou axuda na cumplimentación das solicitudes, contade con nós.