Confección de nóminas, publicación no DOG

Resultado de imagen de NOMINASORDE do 10 de xullo de 2018 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018 e se actualiza, con efectos do 1 de xaneiro de 2018, a contía das retribucións.

Sexta. Retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, os funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 e na restante normativa que lles sexa de aplicación.

2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei de orzamentos xerais do Estado para 2018, así como as contías dos complementos recoñecidos en virtude de normativa específica.

3. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no referido anexo, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, experimentarán un incremento do 1,5 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2017.

Na medida en que a referida aprobación e comunicación non tivo lugar, esta orde recolle a variación nas condicións retributivas que se establecen nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, na contía do 1,5 % con efectos do 1 de xaneiro de 2018.

Posteriormente, realizarase a actualización desta orde para a aplicación desde o 1 de xullo de 2018 do incremento adicional do 0,25 %.

Los comentarios están cerrados.