
RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nas fiscalías de Galicia
Presentación de solicitudes e documentación
1. As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.
2. O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
3. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
4. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo V) desta convocatoria.
Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente mediante os pertinentes títulos académicos ou diplomas, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.
POSTOS OFERTADOS


AMPLIA INFORMACIÓN NO DOG E BOE
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260303/AnuncioG0759-200226-0001_gl.pdf
https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5001.pdf


















