CONCURSO DE TRASLADOS 2019

CONCURSO 2019: BOE DO 18 DE XULLO, PRAZO DE 9 DÍAS HÁBILES E FORMA DE PRESENTACIÓN.

Resultado de imaxes para CONCURSO DE TRASLADOS VIÑETAS

O MINISTERIO DE XUSTIZA COMUNICA, sen alegar os motivos de semellante atropelo ós nosos dereiros, que se atrasa a convocatoria de concurso de traslado ata mediados do mes de xullo. 

DATA DE PUBLICACIÓN NO BOE: 18 DE XULLO.

A ORDE LEVARÁ DATA DE 25 DE XULLO DE 2019.

Neste concurso 2019 só se conceden 9 DIAS HÁBILES para a presentación de instancias e terán que facerse de xeito telemático e ademais haberá que remitir a mesma escaneada e asinada por correo electrónico.

Ademais, comprobarase que os datos da instancia escaneada coincidan cos datos grabados telemáticamente por medio do asistente de inscrición, de modo que coincidan ambos. Se non se remite a instancia escaneada, ainda estando correctamente grabadas as peticións no asistente, considerarase que non se desexa participar no concurso.

Unha vez asinada a instancia procederá a escanearse xunto coa documentación que sexa necesaria aportar segundo as bases da convocatoria, o que se fará nun único ficheiro ao que titularán co nome correspondente aos seus apelidos, nome, NIF e modelo de instancia (V1, V2 ou V3), en letras maiúsculas (Exemplo: AP1_AP2_NOMBRE_NIF_MODELO DE INSTANCIA).

No encabezamento da páxina de envío de correo electrónico, no apartado «Asunto» deberán especificar «SOLICITUD CONCURSO 2019».

No texto da mensaxe deberán indicar a seguinte información e na orde na que se indica:

APELLIDOS:

NOMBRE:

NIF:

MODELO DE INSTANCIA:

CUERPO PARA EL QUE PARTICIPA:

CONCURSO: ORDINARIO GESTIÓN, TRAMITACIÓN Y AUXILIO 2019

No apartado MODELO DE INSTANCIA indicarán V1, V2 ou V3.

No apartado CORPO PARA O QUE PARTICIPA INDICARÁN XESTIÓN, TRAMITACIÓN OU AUXILIO.

TOMARASE COMO DATA E HORA DE ENTRADA A MARCADA NO ENCABEZAMENTO DA MENSAXE RECIBIDA E, NO CASO DE ENVIAR SUCESIVAS INSTANCIAS, CONSIDERARASE VÁLIDA A SOLICITUDE QUE TEÑA A DATA DE ENTRADA DENTRO DO PRAZO COA DATA MÁIS RECENTE, QUEDANDO ANULADA/S, POLO TANTO A/AS SOLICITUD/ES QUE TEÑAN A DATA DE ENTRADA ANTERIOR.

Los comentarios están cerrados.