COMISIÓNS DE SERVIZOS EN GALICIA – Ó FIN!!! MESA SECTORIAL 15-3-22

COMISIÓNS DE SERVIZOS – Ó FIN…!!! 15/3/2022

Logo da negociación do ano 2017 e 2019, e trala insistencia de SPJ-USO, a DXX convocounos ó fin para negociar as Comisións de Servizos e establecer qué prazas sairán a comisión de Servizo e cales a Substitución.  As prazas vacantes como resultado das comisión de servizo sairán a substitución e as vacantes en substitución cubriranse por persoal interino.

SPJ-USO, xunto a CCOO e STAJ, apoiou e esixiu que se saque adiante de unha vez por todas e á maior brevidade esta nova normativa de Comisións de Servizos.

É de urxente necesidade que Galicia debe ter de inmediato e sen mais demoras unha regulación propia e axeitada para a cobertura de prazas de conformidade co art. 527 da LOPX e 73 do regulamento.

O anterior beneficiará a movilidade de tódolos traballadores (independentemente do seu destino, corpo ou titulación).

NOVIDADES E DIFERENCIAS BÁSICAS ENTRE  AS COMISIÓNS DE SERVIZOS E AS SUBSTITUCIÓNS E ALEGACIÓNS DE SPJ-USO.

COMISIÓNS DE SERVIZO SUBSTITUCIÓNS
As prazas cubrense por funcionarios do mesmo corpo, en HORIZONTAL. As prazas poden cubrirse en VERTICAL (funcionarios do corpo inmediatamente inferior) ou en HORITONZAL (mesmo corpo), tendo preferencia as substitucións verticais.
Falecemento, perda da condición de funcionario (incluída xubilación), excedencias, prazas de nova creación, prazas vacantes e desertas no concurso de traslados e liberación sindicais. Licencias (incluídas licencias por enfermidade) e permisos de larga duración, prazas non ocupadas tras ser ofertadas a comisión e prazas desocupadas por estar o seu titular en comisión de servizos.
Para funcionarios en servicio activo do mesmo corpo e de calquera ámbito territorial. Para funcionarios en servicio activo destinados en Galicia e que posúan a titulación do corpo a substituir.
Obrigatoriamente presentaránse electrónicamente as solicitudes no prazo de 5 días.
PREFERENCIA:

Primeiro: Supostos excepcionais do artigo 16 da orde (violencia, acoso, etc).

Logo os mesmos criterios que nun concurso (antigüidade + galego); caso de empate acúdese ó escalafón.

 

PREFERENCIA:

Primeiro: O mesmo órgano.

Segundo: VERTICAL no mesmo CENTRO DE DESTINO, LOCALIDADE E PARTIDO XUDICIAL.

Terceiro: HORIZONTAL MESMO CENTRO DE DESTINO, LOCALIDADE E PARTIDO XUDICIAL.

 

Nos casos de empate prima sempre o mellor posto no escalafón.

DURACIÓN: UN ANO, prorrogable por outro. DURACIÓN: dependendo do caso.
RENUNCIAS: Unha vez adxudicada a praza, a renuncia penalízase coa imposibilidade de acceder a nova comisión nin substitución durante UN ANO.

A pesar da oposición de varios sindicatos, en breve teremos nova normativa de Comisións de servizo.

Los comentarios están cerrados.