COMISIÓNS DE SERVIZOS DOS XULGADOS DE NOVA CREACIÓN. PUBLICADO NA INTRANET HOXE 24 DE XULLO

Resultado de imagen de comision servicioSolicitudes: 5 DIAS HÁBILES DENDE O DIA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN.

Adxuntamos en pdf a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A entrada en funcionamento dos tres novos xulgados será o vindeiro 30 de setembro.

Lembrámosvos que os xulgados son:
1. O novo Xulgado de Primeira Instancia 14 de A CORUÑA.
Plantel: 3 Xestión – 4 Tramitación – 1 Auxilio.

2. O novo Xulgado do Social 4 de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Plantel: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio.

3. O novo Xulgado do Social 6 de VIGO.
Plantel: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio.

As prazas cubriranse provisionalmente mediante COMISIÓN DE SERVIZOS, cos mesmos méritos ca nun concurso de traslados.

A continuacion adxuntamos o enlace en pdf.  das Comisions de Servizo dos novos xulgados publicado na intranet xudicial no dia de hoxe.

comision-de-servizos-novos-xulgados

Los comentarios están cerrados.