XULGADOS DE NOVA CREACION COMISIONS DE SERVICIO

SPJ-USO INFORMA:

COMISIÓNS DE SERVIZOS PARA XULGADOS DE NOVA CREACIÓN

PUBLICACIÓN MAÑÁ 24-7

Solicitudes: 5 DIAS HÁBILES.

Acaba de informársenos de que mañá 24 de xullo de 2019, publicarase na intranet da Dirección Xeral de xustiza e no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidenci a, Administracións Públicas e Xustiza,  a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A entrada en funcionamento dos tres novos xulgados será o vindeiro 30 de setembro.

As prazas cubriranse provisionalmente mediante COMISIÓN DE SERVIZOS, cos mesmos méritos ca nun concurso de traslados.

Lembrámosvos que os xulgados son:

 

1.-  O novo Xulgado de Primeira Instancia 14 de A CORUÑA.

Plantel: 3 Xestión – 4 Tramitación – 1 Auxilio.

2.- O novo Xulgado do Social 4 de SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Plantel: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio.

3.- O novo Xulgado do Social 6 de VIGO.

Plantel: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio.

 

Los comentarios están cerrados.