COMEZA O PRAZO PARA INSCRIPCIÓNS NOS CURSOS DE FORMACIÓN DE XUSTIZA DA EGAP.

balanza SPJ-USOEGAP.

 ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.

COMEZA O PRAZO PARA INSCRIPCIÓNS.

No DOG  de mércores 4 de marzo publicouse:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200304/AnuncioO150-260220-0001_gl.html

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia,  para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia do ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do 5 de marzo.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as  8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

RESUMO DOS CURSOS OFERTADOS:

(pincha na imaxe para descargar o arquivo pdf):

egap

Cursos egap pdf

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.