Archivos de la categoría SPJ INFORMA

DICIREG. PRÓXIMA ENTRADA EN SERVICIO EN LOS REGISTROS CIVILES DE LALIN Y VIVEIRO

En el día de hoy, sábado 20  de Enero de noviembre se publica en el BOE, resoluciones de la Dirección General de Seguridad Jurídica y Fe Pública, por la que se acuerda la entrada en servicio efectiva de la aplicación informática Dicireg en las Oficinas del Registro Civil del Partido Judicial de Lalín Y Viveiro.

1.- Se aprueba la entrada en servicio efectiva, en las oficinas del Registro Civil del partido judicial de Lalín, que comprende la Oficina General del Registro Civil de Lalín y a las oficinas colaboradoras del Registro Civil de Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda y Vila de Cruces, de la aplicación informática denominada DICIREG, del Ministerio de Justicia, que permite el funcionamiento del Registro Civil conforme a las previsiones contenidas en la Ley 20/2011, de 21 de julio, a las 00:00 horas del 5 de febrero de 2024

ACCEDE A LA RESOLUCIÓN PUBLICADA EN EL BOE

https://www.boe.es/boe/dias/2024/01/20/pdfs/BOE-A-2024-1072.pdf

 2.- Se aprueba la entrada en servicio efectiva, en las oficinas del Registro Civil del partido judicial de Viveiro, que comprende la Oficina General del Registro Civil de Viveiro y a las oficinas colaboradoras del Registro Civil de Burela, Cervo, Foz, Ourol, O Vicedo y Xove, de la aplicación informática denominada DICIREG, del Ministerio de Justicia, que permite el funcionamiento del Registro Civil conforme a las previsiones contenidas en la Ley 20/2011, de 21 de julio, a las 00:00 horas del 26 de febrero de 2024.

ACCEDE A LA RESOLUCIÓN PUBLICADA EN EL BOE

https://www.boe.es/boe/dias/2024/01/20/pdfs/BOE-A-2024-1071.pdf

 

PLANOS DE REFORMA DO EDIFICIO DA PARDA

spjinforma

A DXX acaba de remitirnos os  planos de reforma do edificio xudicial de A Parda, en Pontevedra.

 

ACCEDE AOS PLANOS:

Planos antes de reforma

Planos despois da reforma 21

NOVIDADES TRALA MESA SECTORIAL DO 17 DE XANEIRO DE 2024.

ACCEDE Á CIRCULAR/RESUMO DA MESA SECTORIAL 17/01/2024 ⤵️⤵️

Accede á circular MESA SECTORIAL 17 XANEIRO

Sigue leyendo

EGAP. CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURIDICA GALEGA

Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

 O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.

Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia.
FX24001 Curso medio de linguaxe xurídica galega:   TELEFORMACION (75 HORAS) 2 CURSOS

DATAS 2.9.2024 ao 3.11.2024  EXAMEN 9 de novembro

FX24002 Curso superior de linguaxe xurídica galega:
TELEFORMACIÓ (75 HORAS) 1 CURSO
DATAS.- 2.9.2024 ao 3.11.2024  EXAMEN 9 de novembro

Solicitudes
1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP;

<https://egap.xunta.gal/ matricula>       

ACCEDE A PUBLICACIÓN NO DOGA

:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240118/AnuncioO150-100124-0002_gl.pdf

   

AVANCE DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA A CELEBRAR HOXE 17 DE XANEIRO COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA‼️

 

ℹ️➡️ Como vos temos informado, no día de hoxe ás 10:00 horas teremos importante mesa sectorial de Xustiza da que vos manteremos puntualmente informados e da que vos podemos avanzar o seguinte:

🔴 HORARIO E CALENDARIO LABORAL NA XUSTIZA GALEGA:

☑️ – Neste punto destacar que, a solicitude de SPJ-USO, tal como vimos solicitando insistentemente nos últimos anos, a partir de agora PODEREMOS ACUMULAR OS DIAS DE ASUNTOS PARTICULARES ÓS 7 DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS DE DESFRUTE INDEPENDENTE.

☑️ – DIAS 24 e 31 de decembro: O persoal de garda (permanencia e dispoñibilidade) os días 24 e/ou 31 de decembro terá sempre un día a maiores de asuntos particulares. Ademais se o 24 e 31 de decembro son sábado ou domingo tódolos traballadores teremos 2 días mais de asuntos particulares ese ano.

☑️ – A solicitude de SPJ-USO a flexibilización do horario fixo (plan concilia) para o suposto dos fillos menores amplíase ata os 18 anos (non sólo ata os 12 como ata agora).

☑️- IMPORTANTE:  SPJ-USO solicitou a ampliación ata as 20:00 horas da franxa horaria na que poder facer o horario flexible, e subsidiariamente que no horario de verán se poida traballar alomenos ata as 18:30 horas (actualmente sólo o podemos facer ata as 17:30). A DXX acolleu parcialmente a nosa  solicitude, e NO HORARIO DE  INVERNO AMPLÍASE A FRANXA HORARIA NA QUE PODEREMOS FICHAR ATA AS 20.00 HORAS. Valorarase ampliar a franxa horario no horario de verán, que de momento se mantén ata as 17.30 horas.

☑️ A maiores SPJ-USO como sindicato maioritario na mesa solicitou entre outros:

📣 – A restauración da bolsa de horas. A DXX non acolleu a nosa solicitude.
📣 – A ampliación do horario de verán para o personal con fillos menores. A DXX manifesta que valorará a nosa reivindicación, que está amparada pola normativa de función pública estatal.
📣 – Ampliación do prazo de desfrute de vacacións e asuntos particulares tódolos anos ata o último día de febreiro. A DXX non accede á nosa solicitude e ratifica que o prazo de desfrute será 31/1.
📣 – Ampliación da semana grande á semana de Semana Santa e nadal. A DXX non accedeu á nosa solicitude.

📣 – Día de descanso tralas gardas de dispoñibilidade. Valorarase a nosa solicitude.
📣 – Concesión de día de asuntos particulares cando un festivo autonómico ou local coincida en sábado. A DXX non acolleu a nosa solicitude.

🔴 CARREIRA PROFESIONAL: Tal como víñamos solicitando dende SPJ-USO nos últimos tempos, próximamente procederase a apertura dos GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 para todo o persoal que por diferentes motivos non pudo acceder ós mesmos nas anteriores convocatorias de 2020 e 2022 e que na actualidade cumplan os requisitos esixidos dos que vos informaremos puntualmente.

SPJ-USO solicitou as melloras das porcentaxes anuais, ofertándonos a administración un 33% o primeiro ano, 66% o segundo e 100 % do grao o terceiro ano; SPJ-USO solicitou se ampliasen a un 60/80/100 % as porcentaxes anuais por equiparación coa anterior convocatoria, sendo a primeira forza sindical en defender a nosa postura por ser a maioritaria, e apoiando as demais organización sindicais a nosa solicitude. A administración non accedeu á nosa solicitude.

Igualmente solicitamos unha vez mais unha apertura dinámica da traxectoria profesional, e subsidiariamente se proceda a unha apertura a data 31/12/23 e outra a 31/3/24 para incluir nesta nova convocatoria ós funcionarios da promoción de 2019 e ós que veñan a Galicia neste Concurso de Traslados. A administración non accedeu á apertura dinámica por tratarse de grados extraordinarios, manifestándosenos que se negociará a dita apertura dinámica ó longo do 2024.

IMPORTANTE: Neste punto, a DXX ofrécenos a posibilidade de cerrar requisitos, méritos e efectos económicos en data 31/3/24 (en lugar de 31 de decembro) para incluir á maior parte posible de funcionarios,  ó que SPJ-USO, tras valorar pros e contras, e como sindicato maioritario apoiou a dita posibilidade, apoio que foi secundado por algún outro sindicato.

👉 Outros puntos da orde do día son:

🔴 – Bolsa de interinos médicos forenses: SPJ-USO fixo as alegacións oportunas ó borrador inicial, moitas das cales foron acollidos pola Administración, y fixemos novamente alegacións a este último borrador.
🔴 – Borrador de modificación das quendas do Rexistro Civil. Entre outras alegacións, solicitamos a actualización das cantidades a cobrar por quenda como mínimo coa actualización do IPC dos últimos 5 anos e esiximos que se flexibilice o periodo de 6 meses das quendas para os casos de concursos de  traslados, etc.

🔴 – Modificación da RPT da nova oficina fiscal. Neste apartado modifícase a RPT no sentido de CREAR DUAS NOVAS PRAZAS DO CORPO DE TRAMITACIÓN na fiscalía de PONTEVEDRA (suprímense na fiscalía de Cambados) e CREAR UNHA PRAZA DE TRAMITACIÓN na fiscalía de OURENSE (suprímese na fiscalía de Verín).
🔴 – Proposta de creación de prazas para 2024. Neste punto remitímonos ós diversos escritos que temos presentado solicitando a creación de prazas. A DXX infórmanos que se crearán en 2024 15 novas prazas en Galicia, 7 no Xulgado de nova creación  Instancia 16 de A Coruña, e  outras 8 por determinar (1 de Xestión, 6 de Tramitación e  1 Auxilio), quedando as organización sindicais de remitir as  nosas propostas antes do vindeiro martes.