Archivos de la categoría SPJ INFORMA

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS 16/01/2024

Hoxe, 16 de Enero de 2024, publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

🔴👉SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

▪️ Amplía información e accede ás prazas ofertadas:⤵️⤵️

240116_Resolución comisións servizo-

 

ÚLTIMA HORA: OPOSICIÓNS – PRAZAS A OFERTAR AOS APROBADOS NO CORPO DE TRAMITACIÓN EN GALICIA

A DXX remitiunos a relación de prazas do corpo de tramitación procesual e administrativa que se ofrecerán en Galicia ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

🔴 Lembramos que a publicación BOE/DOGA será o dia 23 de Xaneiro.

Podedes acceder ó listado no seguinte enlace:

240115_Listaxe_vacantes_CTPA_TL

 

 

CONVOCADA MESA SECTORIAL PARA O VINDEIRO 17 DE XANEIRO

A  DXX ven de remitirnos a convocatoria da vindeira mesa sectorial do próximo día 17 de xaneiro  coa a seguinte orde do día:
1. Aprobación acta mesa sectorial 13.12.2023
2. Proposta de nova convocatoria para os graos extraordinarios I e II da traxectoria profesional
3. Borrador de calendario laboral 2024 (decisorio)
4. Borrador de Bolsa de interinos de medicina forense (decisorio)
5. Borrador de modificación da regulación das quendas de rexistro civil (decisorio)
6. Proposta de creación de prazas para o ano 2024
7. Modificación da RPT da Oficina Fiscal
8. Rogos e preguntas

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

SPJ USO CONSEGUE QUE DUPLIQUEN AS PRAZAS DO CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA

SPJ USO solicitou mediante diversos escritos e presionou a DXX en diversas reunións, para CONSEGUIR SUBIR A OFERTA dos cursos xurídicos de galego A TODAS LUCES INSUFICIENTE.

🔴 Nesta ano o CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA pasa de 25 a ofertarse 50 prazas, en duas edicións, o que posibilita que mais xente poida acceder a este curso crucial pola cantidade de puntos que se obten tanto para oposicións como concurso de traslados…

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240110/AnuncioO_gl.pdf

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

CACHONDEO 😡😡 COA PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS E A VALORACIÓN DE MÉRITOS DE XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA

➡️ O Ministerio de Xustiza, coa complicidade de algúns sindicatos, ten a pouca vergoña de informar que a publicación da resolución provisional do Concurso de Traslados 2023 será «Ó LONGO DO MES DE XANEIRO, E Á MAIOR BREVIDADE POSIBLE».… en fin…. cadaquén que saque as súas propias conclusións, mais esto parece xa rirse dun colectivo que ademais está a ser ninguneado nun conflicto co MInisterio de Xustiza no que os avances son meramente boas palabras.

🔴 VALORACIÓN DE MÉRITOS DE XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA: a mesma información do punto anterior é plenamente válida para este e outros moitos asuntos pendentes.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados!!!