
PUBLICADO NO DOGA A RESOLUCIÓN DO 18/03/2026, POLA QUE SE RESOLVE O CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS NUN POSTO NO SCT-TI DE FERROL DO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA
Publicouse no DOG de hoxe 25/03/2026, a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa, polo que se acorda:
Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.
Resolver o concurso específico adxudicándolle o posto convocado á persoa funcionaria que se relaciona no anexo.
Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.






















