Archivos de la categoría CONCURSO DE TRASLADOS

ALEGACIÓNS DE SPJ-USO PARA INCLUSIÓN DE NOVAS PRAZAS EN GALICIA NO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS 2024

SPJ-USO presentou alegacións ás prazas remitidas pola Dirección Xeral de Xustiza para a súa posible inclusión na relación definitiva  do vindeiro concurso de traslados, do que se prevé a publicación a mediados de novembro.

IMPORTANTE:  SPJ USO esixe que se inclúan no concurso 2024 todas as prazas que quedaron sen cubrir tras ser ofertadas a resultas no anterior concurso de traslados, como se fixo  dende  sempre en Galicia e pola dificultade que van ter os traballadores aprobados noutros territorios para volver a Galicia; lembremos que a concurso de traslados van as prazas vacantes que se producen por xubilacións, excedencia por interese particular, perdida da condición de funcionario etc. e tamén as prazas que quedan vacantes como consecuencia do concurso de traslados anterior, por iso este Sindicato reclama e esixe esas prazas. Non se poden considerar desertas as prazas non ofertadas expresamente como vacantes.

Lembramos que praza deserta é a que unha vez “ofertada ou convocada” a concurso non é cuberta no mesmo e aí é cando pasaría a ser deserta e polo tanto convocada a oposicións.

Tamén solicitamos que se oferten a Concurso todas as prazas non cubertas tras ser ofertadas a oposición, xa que de cara a 2024 Galicia non oferta prazas na Oferta de Emprego Público para oposición dos corpos de Xestión e Tramitación. Exemplos desta situación son, entre outros moitos, unha praza do CTPA no Xulgado 1 de Tui, ou unha praza de Xestión na Sección 5 da AUdiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo. Estes exemplos sirven para as prazas de toda Galicia que están nesta situación (prazas non cubertas na oposición).

A maiores do anterior, as prazas solicitadas para inclusión son as seguintes:

 PONTEVEDRA

1 PRAZA DO CORPO DE XESTIÓN P.A. NO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 1 DE PONTEVEDRA, por xubilación  da titular.

1 PRAZA DO CORPO DE TRAMITACIÓN NA AUDIENCIA PROVINCIAL SECCIÓN 1 DE PONTEVEDRA, pendiente de creación da remesa de prazas creadas en 2024 segundo a relación remitida pola DXX ós sindicatos. Destacar que é a única praza pendiente de crear efectivamente.

 OURENSE

1 PRAZA NO  CORPO AUXILIO XUDICIAL NO XULGADO DE SOCIAL Nº 2 DE OURENSE

3  PRAZAS NO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL:

  • 1 NO XULGADO DO CONTENCIOSO Nº 2 DE OURENSE
  • 1 NO XULGADO DE PENAL Nº 2 DE OURENSE,
  •  1 NO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 DO CARBALLIÑO

 A CORUÑA

4 PRAZAS DE AUXILIO XUDICIAL:

  • 1 NO XULGADO DE PAZ DE CERCEDA.
  • 1 NO XULGADO DE PAZ DE MAZARICOS.
  • 1 NO XULGADO ÚNICO DE MUROS.
  • 1 NO XULGADO DO SOCIAL Nº 3 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2 PRAZAS DE XESTIÓN PROCESUAL:

  • 1 PRAZA DE XESTION PROCESUAL NO XULGADO ÚNICO DE MUROS
  • 1 PRAZA DE XESTIÓN PROCESUAL  NO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 DE ARZÚA

 LUGO 

1 PRAZA DE AUXILIO NO XDO. MIXTO VILALBA 2

Amplía información e accede ó escrito presentado no seguinte enlace:
ESCRITO PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS ASINADO

RELACIÓN DE PRAZAS A OFERTAR NO CONCURSO DE TRASLADOS 2024 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA‼️

📢🔊 RELACIÓN DE PRAZAS A OFERTAR NO CONCURSO DE TRASLADOS 2024 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA‼️

ℹ️➡️ A DXX ven de dar traslado ás organizacións sindicais da listaxe provisional de prazas a ofertar na CCAA de Galicia no vindeiro concurso de traslados, a fin de que formulemos as alegacións pertinentes.

📣 Prevese a publicación do mesmo no mes de novembro, sobre mediados de mes.

🔴 ACCEDE ÁS LISTAXES PROVISIONAIS:

☑️ CORPO DE XESTIÓN P.A. 🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:a93fa6d4-a685-4f72-9a85-2bc0945b367d

2024-10-25 Vacantes CXPA_ CT 24_Provisionais

☑️ CORPO DE TRAMITACIÓN P.A. 🔗

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:28b1cfbb-9f17-4608-a8b8-6e1932d8ec9e

2024-10-25 Vacantes CTPA_CT 24_Provisionais

☑️ CORPO DE AUXILIO XUDICIAL 🔗

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:fb1db09b-6e42-4dd7-b3b3-f8db16e5cdca

2024-10-25 Vacantes CAX_CT 24_Provisionais

SPJ-USO formulará as alegacións pertinentes á listaxe remitida pola DXX, polo que se tes coñecemento de algunha praza que non se recolla na listaxe remitida ponte en contacto co teu delegado sindical.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

ÚLTIMA HORA SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS 2024

A DXX ven de informarnos textualmente: «Comunicación vacantes concurso de traslados 2024″

Para o seu coñecemento, comunícase que o Ministerio solicitou a esta dirección xeral a relación das vacantes dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial para o concurso de traslados de 2024. Remitirémosvos a relación de vacantes en canto estea elaborada.»

▪️ Tal vomo vos informamos dende SPJ-USO a publicación do concurso prevese para o mes de NOVEMBRO. Manterémosvos puntualmente informados.

ÚLTIMAS INFORMACIÓNS/APROXIMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS 2024 E DA TOMA DE POSESION DOS XESTORES DE NOVO INGRESO

ÚLTIMAS INFORMACIÓNS/APROXIMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA E DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA RESPECTO DO 👉 CONCURSO DE TRASLADOS 2024 E DA 👉 TOMA DE POSESIÓN DOS XESTORES DE NOVO INGRESO‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ As actuación irresponsables e faltas de respecto cara ós traballador@s tanto do Ministerio de Xustiza por un lado, coma da Dirección Xeral de Xustiza polo outro lévannos a que o escenario sexa o seguinte: ⤵️⤵️

🔴 CONCURSO DE TRASLADOS 2024: Non se pode garantir a estas alturas do ano que o concurso se publique no mes de outubro, barallándose a posibilidade de que a publicación sexa incluso no mes de novembro.
▪️ Referente ás prazas a ofertar pola comunidade galega, neste momento, a solicitude de SPJ-USO maniféstasenos que a listaxe non está preparada, e que en canto o estea se nos dará o oportuno traslado para achegas.

🔴 TOMA DE POSESIÓN DOS XESTORES DE NOVO INGRESO: O Ministerio de Xustiza manifesta que se prevé a publicación no BOE ó longo do mes de OUTUBRO (o que é o mesmo que non decir nada…..), sen aclarar se será nos primeiros días do mes, se a mediados ou finais…… o cal calificamos como indignante e presentamos a oportuna queixa.

▪️Debemos lembrar que o concurso de traslados e a toma de posesión dos xestores de novo ingreso están íntimamente interrelacionadas dado que da data de publicación de un e do outro vai depender que moitos deses Xestores en excedencia, adscritos provisionais, etc…. poidan participar no concurso de traslados 2024.

😡😡 En fin, o calificativo que lle podemos poñer ó Ministerio de Xustiza como responsable da tramitación destes procesos, como á Dirección Xeral de Xustiza como colaborador é a de “MOI DEFICIENTE”.

VINDEIRA RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO DA PRAZA DE COORDINADOR/A FISCALÍA PROV. DA CORUÑA

A DXX ven de comunicar a SPJ-USO que o vindeiro 10.07.2024 está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 2 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos, para a provisión polo sistema de concurso específico dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña (Coordinador/a Oficina Fiscal I).