ALEGACIÓNS DE SPJ-USO PARA INCLUSIÓN DE NOVAS PRAZAS EN GALICIA NO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS 2024

SPJ-USO presentou alegacións ás prazas remitidas pola Dirección Xeral de Xustiza para a súa posible inclusión na relación definitiva  do vindeiro concurso de traslados, do que se prevé a publicación a mediados de novembro.

IMPORTANTE:  SPJ USO esixe que se inclúan no concurso 2024 todas as prazas que quedaron sen cubrir tras ser ofertadas a resultas no anterior concurso de traslados, como se fixo  dende  sempre en Galicia e pola dificultade que van ter os traballadores aprobados noutros territorios para volver a Galicia; lembremos que a concurso de traslados van as prazas vacantes que se producen por xubilacións, excedencia por interese particular, perdida da condición de funcionario etc. e tamén as prazas que quedan vacantes como consecuencia do concurso de traslados anterior, por iso este Sindicato reclama e esixe esas prazas. Non se poden considerar desertas as prazas non ofertadas expresamente como vacantes.

Lembramos que praza deserta é a que unha vez “ofertada ou convocada” a concurso non é cuberta no mesmo e aí é cando pasaría a ser deserta e polo tanto convocada a oposicións.

Tamén solicitamos que se oferten a Concurso todas as prazas non cubertas tras ser ofertadas a oposición, xa que de cara a 2024 Galicia non oferta prazas na Oferta de Emprego Público para oposición dos corpos de Xestión e Tramitación. Exemplos desta situación son, entre outros moitos, unha praza do CTPA no Xulgado 1 de Tui, ou unha praza de Xestión na Sección 5 da AUdiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo. Estes exemplos sirven para as prazas de toda Galicia que están nesta situación (prazas non cubertas na oposición).

A maiores do anterior, as prazas solicitadas para inclusión son as seguintes:

 PONTEVEDRA

1 PRAZA DO CORPO DE XESTIÓN P.A. NO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 1 DE PONTEVEDRA, por xubilación  da titular.

1 PRAZA DO CORPO DE TRAMITACIÓN NA AUDIENCIA PROVINCIAL SECCIÓN 1 DE PONTEVEDRA, pendiente de creación da remesa de prazas creadas en 2024 segundo a relación remitida pola DXX ós sindicatos. Destacar que é a única praza pendiente de crear efectivamente.

 OURENSE

1 PRAZA NO  CORPO AUXILIO XUDICIAL NO XULGADO DE SOCIAL Nº 2 DE OURENSE

3  PRAZAS NO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL:

  • 1 NO XULGADO DO CONTENCIOSO Nº 2 DE OURENSE
  • 1 NO XULGADO DE PENAL Nº 2 DE OURENSE,
  •  1 NO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 DO CARBALLIÑO

 A CORUÑA

4 PRAZAS DE AUXILIO XUDICIAL:

  • 1 NO XULGADO DE PAZ DE CERCEDA.
  • 1 NO XULGADO DE PAZ DE MAZARICOS.
  • 1 NO XULGADO ÚNICO DE MUROS.
  • 1 NO XULGADO DO SOCIAL Nº 3 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2 PRAZAS DE XESTIÓN PROCESUAL:

  • 1 PRAZA DE XESTION PROCESUAL NO XULGADO ÚNICO DE MUROS
  • 1 PRAZA DE XESTIÓN PROCESUAL  NO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 DE ARZÚA

 LUGO 

1 PRAZA DE AUXILIO NO XDO. MIXTO VILALBA 2

Amplía información e accede ó escrito presentado no seguinte enlace:
ESCRITO PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS ASINADO

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.