Dende o día de hoxe 11 de novembro ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o segundo cuadrimestre dos cursos de Linguaxe Administrativa Galega e preparatorios para o CELGA.
Os cursos, gratuitos, de Linguaxe administrativo (equivalen os cursos xurídicos medio e superior) e os Celgas 3 e 4 a través das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.
👉 Son cursos en liña cun exame final presencial.
📣 O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
📆 – Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida
🔴 As datas de realización dos cursos serán de febreiro a maio de 2025.
⚫ Poderanse realizar nas distintas sedes das escolas oficiais de idiomas de Galicia de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.


















