Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, procedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 09, 10 e 11 de outubro. Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, acórdase a súa resolución coa data de efectos indicada en favor dos/as adxudicatarios/as segundo o anexo adxunto. Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no acordo de substitución, e para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
De non incorporarse ao posto adxudicado en substitución no prazo sinalado nesta resolución, terase por desistido na mesma e adxudicaráselle a praza ao seguinte candidato.
O gozo dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado de orixe queda supeditado á súa confirmación polo/a superior funcional da unidade de destino.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (arts. 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (art.14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).
ANEXO
Órgano xudicial da desocupación: Xdo. do Social núm. 1 Ferrol Motivo da desocupación: Licenza por enfermidade Corpo: CTPA
Adxudicatario/a: Ana Inmaculada R. R. Localidade de destino do/a adxudicatario/a: Betanzos Corpo CTPA
Data de inicio da substitución: 24/10/2018
Órgano xudicial da desocupación: Xdo. 1a Instancia e Instrución núm. 2 Ribeira Motivo da desocupación: Licenza por enfermidade Corpo: CXPA
Adxudicatario/a: Alberto G. R.
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: Cambados Corpo CTPA
Data de inicio da substitución: 24/10/2018
Órgano xudicial da desocupación: Xdo. 1a Instancia núm. 4 Ourense Motivo da desocupación: Comisión de servizos Corpo: CTPA
Adxudicatario/a: C. L. F.
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: Chantada Corpo CAX
Data de inicio da substitución: 24/10/2018


















