ACLARACIÓN IMPORTANTE!! XULGADOS DE PAZ: SERVIZOS ESENCIAIS EN RÉXIME PRESENCIAL

Ante as dúbidas suscitadas polas malinformacións dalgún sindicato, a día de hoxe, e tal e como vos temos informado, os Xulgados de Paz atópanse entre os órganos cuxos servizos esenciales téñense que prestar en réxime presencial, non de disponibilidade, en horario de 10 a 13 h.

 Por outra banda denunciamos  a intromisión dos Secretarios/as  Coordinadores provinciais, con resolucións absolútamente contradictorias, nos servizos mínimos establecidos, e criticamos  igualmente a falta de claridade na Resolución de 31-3-2020 da DXX, que veu a provocar esta situación, o que require unha aclaración expresa sobre a  multitude de situacións e incongruencias que se veñen a producir na aplicación e interpretación da dita resolución.

SPJ-USO seguirá  traballando pola  redución dos servizos mínimos e a DISPOÑIBILIDADE dos traballador@s, para velar pola saúde pública, remitíndovos información veraz e puntual, polo que de haber calquer cambio relevante nos servizos mínimos vos manteremos puntualmente informados.

 

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.