ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS – DOGA- LUNS 14/9/26

ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS – DOGA 🗓️ LUNS 14/9/26‼️

ℹ️➡️ A DXX informa que a publicación da «Resolución do 04 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026 para o persoal ao servizo da administración de xustiza con destino na comunidade autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ LUNS 14/09/2026.

⚠️⚠️ Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

🪙🪙 A data de pagamento, como todos os anos, será posiblemente o longo do mes de outubro.

😡😡 Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, outro ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

👉 Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

⛔⛔ POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

▪️ Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.