ACCIÓN SOCIAL 2023: LISTAXES DIFINITIVAS

Hoxe día 26 de octubre de 2023 mantivemos reunión coa DXX na cal se nos deu a coñecer os datos das LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano en curso.


Os datos definitivos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS: 132
  • SOLICITUDES ADMITIDAS: 119
  • SOLICITUDES DENEGADAS : 13

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:

  • Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 107,40€
  • Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 214,81 €
  • Tramo 3 do 75 % en diante: 429,62 €

Asimesmo, a DXX infórmanos de que no día de hoxe será remitido o DOG.

A data de pagamento será ao longo do mes de novembro.

Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.