A Sede Xudicial Electrónica actualízase para facilitar o traballo nos órganos xudiciais

Na Sede Xudicial Electrónica actívanse novos servizos para a cidadanía que se suman aos xa existentes:

  • Presentación de escrito de contestación á demanda de xuízo verbal
  • Presentación de escrito de trámite xenérico

Así mesmo, para facilitar a labor no órgano xudicial, esta nova versión inclúe as seguintes melloras en relación coa recepción en Minerva:

  • Catalogación automática en Minerva das tipoloxías documentais máis comúns.
  • Rexistro automático da contía en Minerva.
  • Introdución no formulario do procedemento monitorio do dato da conta bancaria do demandante para facilitar aos órganos xudiciais a xestión do requirimento de pago ó demandado.

Podes consultar tódolos detalles da nova versión v. 01.24.00 na folla de novidades e consultar máis información sobre a Sede Xudicial Electrónica na guía dispoñible no seguinte enlace.

Nesta nova versión tamén se inclúen melloras orientadas aos cidadáns:

  • Simplificación do sistema de autenticación para moverse entre presentación de escrito e «A miña carpeta».
  • Recuperación dun borrador desde «A Miña Carpeta» no que incorporara documentación antes de gardalo.
  • Asistencia técnica guiada e automatizada, para axudalo na resolución das súas consultas. Para calquera dúbida ou aclaración podes contactar co Centro de Servizos a Usuarios no teléfono 981 546 223.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.