A DEMAGOXIA DE A-CUT NON TEN LÍMITES, A CAL SE UNE TAMÉN STAJ. XULGADO DE INSTANCIA 5 DE PONTEVEDRA E MIXTO DE MARÍN

Resultado de imagen de stop demagogiaInformámosvos, en relación á información difundida no día de onte por A-CUT no seu blogue e por wasap, onde «din solicitar a cobertura por substitución entre titulares da praza de tramitación do Xdo. Familia 5 de Pontevedra e Misto de Marín, » o seguinte:

SPJ-USO foi o ÚNICO sindicato que loitou porque esas prazas sairan a substitución (tal como ben sabem no Xulgado de Instacia 5), ata que á vista do caso e da normativa vixente se nos acreditou a imposibilidade na situación actual.

Tras solicitar unha substitución tendo coñecemento de que en vindeiros dias ía a exercer como liberada sindical de CUT (para así cobrar a substitución durante a liberación), e estando no pleno dereito a facelo, o que non está a CUT é no dereito de enganar ós traballadores.

SPJ-USO desexaría que a dita praza do Xulgado de Instancia saira a substitución, dado que hay traballadores que desexan esa praza, pero o noso deber é explicarvos o motivo polo que non pode sair a substitución segundo a normativa vixente.

E o motivo non é outro que o seguinte: segundo o artigo 7 da Resolución de 7 de Maio de 2008 que regula as substitucións, as mesmas quedarán sen efecto pola «falta de desempeño efectivo durante 15 días hábiles»; con dúas excepcións que son as situacións de maternidade polo seu especial tratamento e as liberacións sindicais pola Lei Orgánica de liberdade sindical.

Pois ben, a praza do Xdo. de Instancia 5 de Pontevedra non é unha praza na que o seu titular estéa exercendo como liberado sindical, se non que é unha praza vacante cuberta en substitución por unha liberada sindical de CUT.

Polo tanto, se CUT quere que a dita praza saia a substitución teno ben fácil: debe presentar un escrito renunciando á substitución, e nese momento a praza sairá a substitución. Mentras tanto, ningunha praza pode estar cuberta en substitución por dúas persoas (evidentemente, e como ben deberían saber…).

Referente á praza que deixa esta liberada no Xulgado de Marín, foi cuberta a medio de interino por estar a súa titular en substitución, e non hai legalmete a día de hoxe motivo legal algún para o cese da interina nomeada, polo que non cabe tal posibilidade normativamente falando (como tamén debería sa CUT).

En resumo, a demagoxia e o populismo de CUT cada dia van un pouco mais alá, e é apoiada polo seu irmán xemelgo STAJ…

A solución está nas súas propias mans…

SPJ-USO: FEITOS NON PALABRAS

Menos demagoxia e mais traballar!!!

 

Los comentarios están cerrados.