Convocatoria probas de avaliación para obter o certificado ComDix

No DOG de hoxe vense de publicar a resolución do 27 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación. 

  1. As probas desenvolveranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025.
  2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Solicitudes de participación e prazo de inscricións: as persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Toda a información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250910/AnuncioG0177-020925-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.