Archivo diario: 04/11/2026

SPJ-USO SOLICITA A MODIFICACIÓN DA RPT DO IMELGA, CON CREACIÓN E CONVOCATORIA DE LD PARA A PRAZA DE SUBDIRECTOR EN SANTIAGO, A CONVOCATORIA DE CONCURSOS ESPECÍFICOS EN PONTEVEDRA, SANTIAGO E A CORUÑA E A CREACIÓN DUNHA PRAZA EN PONTEVEDRA.

Ante a necesidade de adaptar a RPT do Imelga, dende SPJ-USO VIMOS DE SOLICITAR Á DXX:

Accede ó Escrito íntegro presentado na DXX – MODIFICACION RPT IMELGA E CONVOCATORIAS_signed

1.  SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DA RPT DO IMELGA (adaptación ó Deccreto 82/2026 do 20 de xullo) e CREACIÓN DO POSTO DE SUBDIRECTOR DO IMELGA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E POSTERIOR CONVOCATORIA PÚBLICA POLO SISTEMA ESTABLECIDO DE LIBRE DESIGNACIÓN.

2. CONVOCATORIA URXENTE DOS CONCURSOS ESPECÍFICOS DAS XEFATURAS DE SECCIÓN DE CLÍNICA DO IMELGA DE PONTEVEDRA, XEFATURA DO SERVIZO DE CLÍNICA DO IMELGA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA e XEFATURA DE SECCIÓN DE PATOLOXÍA FORENSE DE A CORUÑA, CUBERTAS PROVISIONALMENTE EN COMISIÓN DE SERVIZOS.

3. E SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DA RPT PARA A CREACIÓN DUNHA PRAZA DE MÉDICO/A FORENSE NA SUBDIRECCIÓN DO IMELGA DE PONTEVEDRA POLAS COMPETENCIAS ASUMIDAS SOBRE OS PARTIDOS XUDICIALES DE LALÍN E A ESTRADA

En virtude do  exposto no escrito  presentado, SPJ-USO SOLICITA:

PRIMEIRO. Que a Dirección Xeral de Xustiza inicie e impulse, coa maior brevidade posible, a tramitación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Galicia, cuxa última publicación corresponde á Orde do 15 de novembro de 2022, publicada no DOG do 24 de novembro de 2022, para adaptala á estrutura e ás previsións do Decreto 82/2026, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Galicia.

SEGUNDO. Que a modificación da RPT contemple expresamente a creación do posto de Subdirector/a do IMELGA de Santiago de Compostela, diferenciado do posto de director/a do Instituto, coa definición das funcións, requisitos e sistema de provisión que correspondan, de conformidade coa nova estrutura organizativa establecida no Decreto 82/2026.

TERCEIRO. Que, unha vez aprobada a modificación da RPT e creado formalmente o posto de Subdirector/a do IMELGA de Santiago de Compostela, se proceda á súa convocatoria pública polo procedemento de libre designación, de conformidade co artigo 12.2 do Regulamento aprobado polo Decreto 82/2026 e cos requisitos legalmente establecidos.

CUARTO. Que se revise a situación administrativa e a configuración na RPT das prazas de xefatura de sección de Clínica do IMELGA de Pontevedra, xefatura de Servizo de Clínica de Santiago de Compostela e Xefatura de Sección de Patoloxía Forense de A Coruña e que, unha vez confirmada a súa adecuación á normativa vixente e a procedencia da súa provisión, se convoquen os correspondentes concursos específicos de méritos, de conformidade co artigo 19.1 do citado regulamento.

QUINTO. Que se inicien os trámites oportunos para a modificación da RPT do IMELGA, coa inclusión dunha praza estrutural adicional de médico/a forense na Subdirección de Pontevedra, xustificada pola ampliación do seu ámbito competencial aos partidos xudiciais de Lalín e A Estrada e polas necesidades de persoal que esta ampliación leva consigo.

SEXTO. Que a modificación da RPT contemple igualmente a adaptación dos restantes postos do Instituto que resulte necesaria para dar cumprimento á nova estrutura territorial, directiva e funcional prevista no Decreto 82/2026, incluíndo a revisión dos postos, funcións, requisitos e sistemas de provisión que correspondan.

SÉTIMO. Que se garanta a participación das organizacións sindicais nos trámites de negociación que legalmente procedan para a modificación da RPT e que se informe a SPJ-USO Galicia das actuacións previstas, do calendario estimado para a súa tramitación e das previsións relativas á convocatoria dos procedementos de provisión solicitados.

Por todo o exposto, SPJ-USO Galicia solicita que se teñan por formuladas as anteriores peticións e que se adopten as medidas necesarias para a súa efectiva tramitación, en cumprimento do novo Regulamento do Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Galicia e en defensa dunha organización adecuada, eficaz e actualizada do servizo público de medicina legal e ciencias forenses.

Accede ó Escrito íntegro – MODIFICACION RPT IMELGA E CONVOCATORIAS_signed

Accede ó Xustificante de presentación-PR004A-20261029