Archivo diario: 09/03/2026

PORTEO DE EXPEDIENTES NO TRASLADO DENTRO DO EDIFICIO XUDICIAL DE A PARDA EN PONTEVEDRA – FARASE POLO PERSOAL QUE CORRESPONDA, SEN EN NINGÚN CASO SER TAREFA DOS FUNCIONARI@S DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO‼️

Ante as malinformacións sindicais que solicitan que o traslado de expedientes non se realice polos funcionarios da Administración de Xustiza, SPJ-USO INFORMA QUE O TRASLADO DOS EXPEDIENTES, unha vez metidos nas correspondentes caixas, FARASE POLO PERSOAL DE MANTEMENTO OU EMPRESA EXTERNA CONTRATADA (no seu caso) COMO ASÍ SE FIXO NOUTRAS CIDADES COMO LUGO, etc…..

⚠️⚠️ EN NINGÚN CASO O PORTEO DE EXPEDIENTES CORRESPONDE ÓS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO.

▪️ SPJ-USO: Os teus dereitos, o noso traballo.

BASTA XA: ANTE A ACTITUDE DESPÓTICA, DICTATORIAL E Á DERIVA DA DXX, SPJ-USO CONVIDA, PROPÓN E SOLICITA UNHA XUNTANZA DE TODAS AS FORZAS SINDICAIS CON REPRESENTACIÓN NA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA, PARA FACER UNHA FRONTE COMÚN ANTE OS ATROPELOS QUE ESTÁN A SUFRIR OS TRABALLADOR@S DE XUSTIZA‼️ ⛔⛔ 😡😡

ℹ️➡️ SPJ-USO Galicia denuncia a DERIVA AUTORITARIA coa que se está executando a implantación da Lei de Eficiencia na nosa comunidade. O que se vende baixo o eufemismo de «eficiencia» non é máis que un desmantelamento das nosas condicións laborais e un ataque directo aos nosos dereitos mais básicos.

🔴 Non podemos tolerar que se esté exercendo unha movilidade forzosa convertendo aos traballadores de xustiza en meras pezas de xadrez sen ningún tipo de estabilidade no posto.

⚫ Isto únese a modificación de funcións en base ao capricho do LAJ, sen o correspondente recoñecemento retributivo nin formación previa axeitada (un claro exemplo son os famosos «enlaces»).

👉👉 E unha carga de traballo tan sobrehumana que excede calquera limiar de saúde laboral. A implementación desta lei estáse a facer «a pulmón», obrigando aos funcionarios a asumir a carga de traballo sen ningún incremento de persoal con IMPOSICIÓN DE EQUIPOS DE TRABALLO CUN VOLUME DE PROCEDEMENTOS INASUMIBLES. Todo isto sumado ao caos organizativo cuxas normas cambian dun día para outro.

⛔⛔ A gota que colma o vaso desta actitude despótica da DXX foi a comunicación de que iba a publicar a nova bolsa de interinos sen negociación real cos sindicatos da mesa este venres, vulnerando claramente o establecido no art. 37 do Trebep.

📣📣 Queremos recordarlle ao Director Xeral que a normativa indica que a Administración debe negociar con vontade de acordo, mantendo reunións periódicas, sen limitarse a unha única sesión e permitindo un debate real.

⚠️⚠️POR TODO ISTO SPJ-USO CONVIDA E SOLICITA UNHA XUNTANZA URXENTE DE TODAS AS FORZAS SINDICAIS PARTICIPANTES NA MESA DE NEGOCIACIÓN, PARA FACER UNHA FRONTE COMÚN CONTRA ESTE E OUTROS DESPROPÓSITOS NA IMPLANTACIÓN DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA E NOS ABUSOS QUE SE ESTÁN A PRODUCIR CONTRA OS TRABALLADOR@S DE XUSTIZA.

😡😡 Se a DXX prosigue nesta actitude e maneiras, a SPJ-USO como Sindicato maioritario na Xustiza Galega vainos atopar enfronte na defensa dos nosos dereitos.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

Gestión Procesal y Administrativa, acceso libre, estabilización concurso,reservado a personas con discapacidade PJC/1357/2024, de 19 de noviembre (BOE de 2 de diciembre)

EN LA PÁGINA DEL MINISTERIO DE JUSTICIA SE ANUNCIA EN EL DÍA DE HOY ACUERDO DEL TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO POR EL QUE SE PUBLICA LA RELACIÓN CON LA VALORACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS.

 

Accede a la web del Ministerio de Justicia :

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Gesti%C3%B3n-concurso-1357