Archivo mensual: julio 2019

CONCURSO DE TRASLADOS 2019

 

BOE DO XOVES 18 DE XULLO. PRAZO ATA O 9 DE AGOSTO INCLUÍDO.

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

No BOE do 18-7,2019, publícanse as Ordes relativas ao concurso de traslados 2019 entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial.

POSTOS QUE SE PODEN SOLICITAR:

Calquera das prazas incluídas no Anexo I (vacantes), así como as posibles resultas, que estarán expostas na páxina web do Ministerio (www.mjusticia.gob.es), nos taboleiros de anuncio das Xerencias Territoriais e nos Departamentos das Consellerías das CCAA con competencias transferidas.

  • Pódense solicitar intercaladas vacantes e resultas. O número máximo de órganos solicitados entre vacantes e resultas non poderá superar os 200. Con cada número de orde se entenden solicitadas tanto as vacantes existentes no Órgano como as posibles resultas.
  • Non se admitirá ningunha modificación da solicitude formulada unha vez rematado o prazo de presentación de instancias.
  • Poderá admitirse renuncia á participación no concurso, tendo de prazo ata o último día de alegacións á resolución provisional,  naqueles casos debidamente xustificados, nos termos do punto 7C da orde.
  • Unha vez resolto definitivamente, non se admitirá a renuncia ao destino obtido por ningún motivo, nin polo feito de equivocarse ao cumprimentar os números de orde da instancia.

MODELO A PRESENTAR: ANEXO II.

Recadro V-1: Os funcionarios destinados definitivamente en postos de traballo dos Corpos e Escalas de Xestión, Tramitación e Auxilio, así como os que se atopen en situación de servizos especiais e os excedentes por coidado de familiares que teñan reservado o seu posto de traballo.

Recadro V-2: Os funcionarios destinados definitivamente en postos de traballo doutros Corpos e Escalas da Administración de Xustiza ou doutras Administracións,  en situación de excedencia do art. 506.d da L.O 19/2003.

Recadro V-3: Os excedentes voluntarios por agrupación familiar / interese particular, adscritos provisionais e os incursos en reordenación de efectivos ou reasignación forzosa.

  • O prazo é dende o 19 de xullo ata o 9 de agosto (ambos incluídos).
  • IMPORTANTE: É obrigatorio cumprimentar a solicitude por medios telemáticos.

      Podedes acceder ao asistente de inscrición, na páxina do Ministerio de Xustiza,  na dirección:

https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario1

Pódese acceder ó asistente dende un ordenador persoal sen necesidade de certificado dixital ou tarxeta algúnha (importante sobre todo para os compañeir@s que vos encontredes de vacacións).

  • Os concursantes deberán presentar a instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, (non o borrador, ollo!!!) conforme ó punto 7B da orde publicada, imprimindo, firmando e escaneando a solicitude e remitíndoa dende o seu correo electrónico corporativo, coas excepcións do punto 7B2 da orde que mais adiante se detallan.
  • Para modificar unha solicitude, cómpre xerar unha nova solicitude, confirmala e presentala. Considérase válida a solicitude presentada dentro de prazo, que teña entrada con data posterior
  • Na mesma páxina do Ministerio, pódese consultar o Manual do asistente de inscrición web, e por suposto, tedes a vosa disposición aos nosos delegados/as para que vos axuden en todo o que necesitedes.

 

REQUISITOS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Os solicitantes so poderán participar para o mesmo corpo no que están en activo, se na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes transcorreron 2 anos desde a resolución pola que se convocou o traslado no que obtiveron o seu último destino ou da resolución na que se lles adxudicou destino definitivo cando se trate de funcionarios de novo ingreso. (a tal efecto, o primeiro ano é o ano natural no que se ditou a resolución e o segundo ano e o ano natural seguinte).

Funcionarios adscritos provisionalmente:

Estarán obrigados a solicitar todas as vacantes e posibles resultas correspondentes ao seu corpo da provincia onde se atopen adscritos. De non participar no concurso, pasarán a situación de excedencia voluntaria por interese particular. Estarán excluídos da limitación temporal citada.

Os funcionarios do corpo de Xestión procesual e administrativa que se atopen en dita situación por ter cesado como Letrados substitutos, gozarán de dereito preferente para ocupar postos de traballo xenéricos na localidade onde se atopen adscritos.

 

Funcionarios en situación de excedencia:

  • Os funcionarios que se atopen na situación de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público (art. 506.d LO 19/2003), non terán ningunha restrición temporal para reingresar no Corpo no que figuren na devandita situación.
  • Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria por interese particular e por agrupación familiar só poderán participar no concurso se na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes transcorreron dous anos como mínimo desde que foron declarados en tal situación
  • Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de familiares só poderán concursar se transcorreron os dous anos establecidos no art. 46.1 do R.D. 1451/2005, do 7 de decembro.
  • Os funcionarios en situación de servizo activo e excedencia noutro corpo que desexen participar, deberán optar nunha única instancia por un Corpo ou outro.
  • Os funcionarios en excedencia, tanto por prestacións de servizos no sector público como por interese particular, deberán aportar coa instancia a declaración xurada prevista na base 4.5 da orde.

 

Postos singularizados ou de concurso específico:

  • Os funcionarios que se atopen desempeñando un posto singularizado por concurso específico ou por libre designación poderán participar no presente concurso, sempre que desempeñasen o citado posto polo menos durante un ano, contado desde a data da súa toma de posesión.

 

BAREMO

Antigüidade: Máximo de 60 puntos

  • 2 puntos por cada ano completo de servizos, computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). A estes efectos os meses considéranse de 30 días.

Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia das CCAA.

(A acreditación ten que ser a medio de fotocopia compulsada.)

  • Certificado Celga 4 ou similar: 4 puntos
  • Curso medio de linguaxe xurídica galega: 8 puntos
  • Curso superior de linguaxe xurídica galega: 12 puntos

Non é necesario aportar a acreditación dos cursos de galego no caso de coincidir a proposta de datos do asistente co nivel real de idioma. Noutro caso hai que adxuntar a documentación acreditativa ó respecto.

SPJ-USO, SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA

 SPJ-USO: FEITOS, NON PALABRAS.

IMPORTANTE: NOVIDADES NO CONCURSO 2019 NA CONFECCIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Tódalas solicitudes se confeccionarán de forma telemática dende a páxina do Ministerio.

Tódolos solicitantes (excepto os que presenten o modelo V1 en situación de excedencia ou servizos especiales e V3 en situación de excedencia; ou funcionarios que xustifiquen non poder usar o seu correo corporativo), deberán xerar o impreso definitivo, imprimilo, firmalo manualmente, adxuntar a documentación que corresponda, e escanear nun único ficheiro tódalas páxinas.

O dito ficheiro titularase co nome seguinte: apelidos, nome, nif e modelo de instancia (V1,V2 ou V3), todo elo en maiúsculas (EXEMPLO:  AP1_AP2_NOMBRE_NIF_MODELO DE INSTANCIA).

O anterior enviarase por mail, a través do correo corporativo (ollo: non o correo persoal) á dirección seguinte: concursos.admonjusticia@mjusticia.es

No apartado “asunto” do mail a enviar débemos poñer: “SOLICITUD CONCURSO 2019”

No texto da mensaxe débese indicar o seguinte:

APELLIDOS:

NOMBRE:

NIF:

MODELO DE INSTANCIA:    (V1,V2 o V3)

CUERPO PARA EL QUE PARTICIPA:                   (GESTIÓN, TRAMITACIÓN O AUXILIO)

CONCURSO:  ORDINARIO GESTION, TRAMITACION Y AUXILIO 2019.

As renuncias faranse do mesmo modo, poñendo no apartado “ASUNTO”: RENUNCIA, e no texto o anterior.

Nos casos excepcionados de envío por mail antes expostos, deberáse remitir a instancia conforme ó disposto no punto 7B2 da orde publicada, ou sexa, unha vez firmada, deberáse remitir polo sistema ordinario (oficinas de rexistro, correo ordinario ou certificado).

Para calquer dúbida ponte en contacto co teu delegado sindical de SPJ-USO.

COMISIÓNS DE SERVIZO XULGADOS DE NOVA CREACIÓN

Resultado de imagen de comisions de servizoA DXX vén de comunicarnos que as COMISIÓNS de servicio poderán solicitalas o personal funcionario que se atope en situación de IT sempre que se reincorporen ou se produzca o alta para a data de entrada en funcionamiento dos órganos de nova creación.

Se algún dos adxudicatarios non ocupase a praza , esta pasar  ao seguinte candidato con mellor puntuación.

Publicación:
A DXX informamos, asimismo, que a orden se publicará a semana próxima.

Ver texto da orde enviado pola DXX  en pdf          COMISIÓN SERVIZO NOVOS XULGADOS

CONCURSO DE TRASLADOS 2019

 

GTA

ÚLTIMA HORA!!!      Publicado en la web del Ministerio de Justicia

CONCURSO DE TRASLADOS ORDINARIO GESTION, TRAMITACION Y AUXILIO 2019

Orden de 25 de junio de 2019, del Ministerio de Justicia, por la que se convocan a concurso de traslado plazas vacantes entre funcionarios de los Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia.

 LA CONFECCIÓN DE LA INSTANCIA EN EL CONCURSO DEBE HACERSE NECESARIAMENTE VÍA WEB, A TRAVÉS DEL ASISTENTE DE INSCRIPCIÓN, POR TANTO, PULSAR EN EL ENLACE «G.T.A.Concurso de Traslados» PARA TENER ACCESO AL MISMO A PARTIR DE LAS 0:00 HORAS DEL DÍA 19 DE JULIO HASTA LAS 24:HORAS DEL DÍA 9 DE AGOSTO DE 2019.

  Pueden consultar el «MANUAL DEL ASISTENTE DE INSCRIPCIÓN WEB» para realizar la solicitud del concurso (Ver DOCUMENTOS ASOCIADOS).

  ATENCIÓN AL USUARIO (exclusivamente para solución de dudas sobre el Asistente de Inscripción): 913904605

Fecha de inicio de presentación de instancias:19 de julio de 2019Fecha de fin de  presentación de  instancias:9 de agosto de 2019
Accede a los documentos asociados:

SUPRIMEN A CORUÑA COMO PROVINCIA DE EXAME XESTIÓN TURNO LIBRE

Os nosos representantes no ministerio seguen pechando os ollos ante os atropelos de dereitos dos funcionarios de xustiza

GESTIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, Orden JUS/764/2019, de 10 de julio (BOE de 15)

Corrección de errores  ÚLTIMA HORA 

  • 16 de julio de 2019

    Se modifica la relación de provincias de examen del Anexo III de la Orden, página 75850, de modo que se suprime la siguiente: “Ámbito territorial: Galicia; Provincia de examen: A Coruña; Código de localidad: 15”. En los próximos días será objeto de publicación en BOE

    VER INFORMACIÓN PUBLICADA NA WEB DO MINISTERIO

GESTIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA, ACCESO PROMOCIÓN INTERNA PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPUESTAS

Resultado de imagen de plantilla definitiva respuestas gestion procesal 2019Acuerdo del Tribunal de 15 de julio por el que se publica la plantilla definitiva de respuestas válidas y se convoca a la realizacíón del ejercicio a las opositoras en situaciones de la base 7.4 de la Orden de convocatoria

15 de julio de 2019