
Pola Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa Sectorial de Xustiza hoxe, xoves, 11 de xullo de 2019 co seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta de 25/10/2017
- Creación de novos xulgados e dotación de persoal
- Resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación.
- Creación de prazas.
- Rolda de intervencións.
ORGANOS DE NOVA CREACIÓN
Como xa é sabido neste ano 2019 créanse en Galicia tres novos Xulgados: 1ª Instancia nº 14 de A Coruña, Social nº 4 de Santiago de Compostela e Social nº 6 de Vigo. Conforme a Dirección Xeral a ubicación de dotación de persoal destes Xulgados será a seguinte:
1.- O NOVO XULGADO DE 1ª INSTANCIA Nº 14 DE A CORUÑA ubicarase no anexo do antigo edificio da Audiencia Provincial (no lugar que ocupaba o xulgado de Reforzo do Social)
PLANTEL: 3 Xestión – 4 Tramitación – 1 Auxilio
2.- O NOVO XULGADO DO SOCIAL Nº 4 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA estará situado no edificio xudicial da rúa Berlín, xunto aos outros 3 Xulgados do Social.
PLANTEL: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio
3.- O NOVO XULGADO DO SOCIAL Nº 6 DE VIGO ubicarase, de xeito provisional, no antigo edificio do xulgado bis de preferentes, á espera de que rematen as obras da nova Cidade da Xustiza.
PLANTEL: 2 Xestión – 4 Tramitación – 2 Auxilio
As prazas cubriranse, provisionalmente, mediante COMISIÓN DE SERVIZOS, ata o próximo concurso de traslados, cos mesmos méritos ca nun concurso de traslados (antigüidade e idioma galego).
As prazas, que queden desocupadas pola resolución das comisión, cubriranse por substitucións, e finalmente por interinos.
Ao longo da semana que vén (comprendida entre o 15 e 19 de xullo) publicarase na intranet e na páxina Web da Conselleria de Presidencia, a resolución e o modelo para pedir as mencionadas prazas de nova creación, que será por un período de CINCO DIAS HABILES, seguintes á publicación e aconséllase adxuntar copia cotexada da titulación do Galego.
SOLICITANTES: Todos os compañeir@s que estean en servizo activo ou facendo unha substitución poderán solicitar as comisións,.
*No caso dos compañeir@s que estean en situación de IT, a Dirección Xeral comprometeuse a estudar a posiblidade de que poidan participar, o mesmo que ocorre nos concursos de traslados.
A ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DESTES XULGADOS DE NOVA CREACIÓN SERÁ O 30 DE SETEMBRO DE 2019
CREACION DE PRAZAS
ADXUNTAMOS AS PRAZAS PARA CREAR EN 2019 CONFORME AO ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO DE 23-5-2019, QUE SE INDICA NO PUNTO 4 DA ORDE DO DÍA DESTA MESA SECTORIAL.
A Dirección Xeral baseándose na estatística do CGPX e órganos infradotados, e conforme o acordo 23 de mayo de 2019, NUNHA PRIMEIRA FASE VAI CREAR:
PRAZAS QUE SE CREAN OU SE RECUPERAN
1.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de A Coruña
2.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Santiago
3.- XESTOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo
4.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Santiago
5.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio A Coruña.
6.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Social 3 de Santiago
7.- XESTOR/A PROCESUAL- Fiscalía de A Coruña
8.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Decanato de Lugo
9.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 6 de Santiago
10.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 2 de Lugo
11.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 5 de Pontevedra
12.- XESTORA PROCESUAL- Instancia 6 de Ourense
13.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Decanato de Ourense
14.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo
15.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Fiscalía de Vigo
16.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Arzúa
17.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 1 de Corcubión
18.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 1 Carballo
19.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Mixto 3 Ribeira
20.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Sarria
21.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Santiago
22.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Monforte 1
23.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Viveiro 2
24.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Ponteareas 1
25.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Pontevedra
26.- AUXILIO XUDICIAL- Servizo de Apoio de Vigo
27.- XESTOR/A PROCESUAL- Instancia 14 de Vigo
28.- TRAMITADOR/A PROCESUAL- Ponteareas 3
Na relación anterior a petición de SPJ-USO, a Direccion Xeral modificou, a creación das prazas dos Auxilio nos “Decanatos” por “Servicio de Apoio”, ante o que consideramos unha inaceptable insuficiencia de Auxilios, para atender Videoconferencias, quendas, Xurado, etc., xa que de estar no Decanato non poderian facer estas funcions.
A Direccion Xeral comprometese a completar a relación anterior mediante unha segunda fase e incluso unha terceira, según vaia tendo orzamento.
Estas prazas serán efectivas nos meses de outubro ou novembro deste ano e se cubrirán polo sistema de sustitución ou, no seu caso, Comisión de Servizo, de estar xa vixente a orden nesas datas, para ser ofertadas no próximo concurso de traslado (2020).
A CONTINUACIÓN DETALLAMOS AS PRAZAS QUE SE RECUPERAN (DEIXARÍAN DE SER AMORTIZABLES DAS SECCIÓNS CIVÍS DAS AUDIENCIAS CON COMPETENCIAS EN MERCANTIL E DAS SECCIÓNS PENAIS DAS AUDIENCIAS PROVINCIAIS.
1.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- A Coruña (Penal) Auxilio Xudicial
2.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- A Coruña (Penal) Auxilio Xudicial
3.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 4- A Coruña (Civil- Mercantil) Xestión
4.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Lugo (Civil- Mercantil) Xestión
5.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- Lugo (Penal) Auxilio Xudicial
6.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Ourense (Civil- Mercantil) Xestión
7.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2- Ourense (Penal) Auxilio
8.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 1- Pontevedra (Civil- Mercantil) Xestión
9.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 2 Pontevedra (Penal) Auxilio
10.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 4 Pontevedra (Penal) Auxilio
11.- AUD. PROV. SECCIÓN Nº 5 Pontevedra (Vigo) Auxilio
Comunícanos a Dirección Xeral que as prazas números 2,4,10 e 11 da anterior relación, que por atoparse vacantes na actualidade, sairan en sustitución en setembro.
Nos vindeiros días SPJ-USO trasladará, mediante escrito, a relación de prazas que considera que deben crearse na segunda ou, no seu caso, nunha terceira fase.
ORDEN DE SUSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES E DE COMISIÓNS DE SERVIZO
A Dirección Xeral infórmanos que ao largo deste ano teremos unha nova orden de sustitucións e a de Comisións de servizo.
Acaba de informarse a SPJ-USO do seguinte: OS XULGADOS DE NOVA CREACIÓN TERÁN 


















