NO DOG DE HOXE 11/04/2017 PUBLICASE:
RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se determina o réxime do servizo de garda do persoal médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia. (Entra en vigor a partir de mañana 12 de abril).
O servizo de garda e as incidencias que se produzan neste serán coordinados polo/a director/a e subdirectores/as correspondentes, no exercicio das súas respectivas competencias.
O/a director/a do Imelga ditará as instrucións necesarias para o desenvolvemento adecuado do servizo de garda, así como para garantir o descanso do persoal que presta o dito servizo,
Cando as necesidades do servizo o permitan e xustifiquen, a prestación do servizo de garda poderá fraccionarse. Neste caso, as retribucións ratearanse por días.
As retribucións do servizo de garda serán as previstas na Orde ministerial 1417/2003, do 3 de xuño, para cada tipo de garda, siendo requisito su certificación y deberán quedar rexistradas.
Se durante o horario de presenza non hai actuacións propias do servizo de garda, os médicos forenses que o estean a prestar realizarán as funcións propias do seu corpo e posto de traballo.
Durante o horario de dispoñibilidade permanecerán en condicións de continua localización
Os médicos forenses necesariamente gozarán dos preceptivos descansos recoñecidos na Resolución do 5 de decembro de 1996


















