NO DOG DE HOXE PUBLICASE RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
IMPORTANTE.- Calquera persoa interesada poderá ter acceso aos contidos dos cursos SEN NECESIDADE DE TER QUE FACER EXAME, por iso é polo que o prazo para inscrición sexa ata o 30 de decembro; agora ben, se a intención é obter un título, a persoa interesada deberá facer a inscrición antes do 20 de abril.
CURSOS QUE SE CONVOCAN: Os relacionados no Anexo I da resolución publicada. Podes velo no noso blog https://spjusogalicia.wordpress.com.
PRAZO PARA SOLICITAR AS PROBAS DE AVALIACIÓN: Dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. (ATA 0 20 DE ABRIL).
PRAZO PARA SOLICITAR ACCESO OS CURSOS: ATA O 30 DE DECEMBRO DE 2017.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
PROBAS DE AVALIACIÓN das actividades do Programa de autoformación que se convocan de acordo co previsto no ANEXO II., e terán lugar nas dependencias da EGAP, Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas)
CERTIFICADO DE EQUIVALENCIA.- As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia, equivalente a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do Programa de autoformación.
INCIDENCIAS.- As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.


















