Archivo diario: 01/12/2015

O CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA VOLTARÁ NO ANO 2016

spjusoinforma3FORMACIÓN 2016 Así o confirmou a EGAP na comisión de formación que tivo lugar onte, 30 novembro,  en Santiago.

Achegáronnos as propostas formativas para o ano 2016, entre as que cabe salientar como novidades a inclusión por fin!!! do curso superior de linguaxe xurídica galega para funcionarios de xustiza da nosa comunidade e de fóra dela.

Logo de tres anos de loita, denunciando a súa supresión pola EGAP coa anuencia da DXX, logo de plantexar innumerables queixas en cada mesa sectorial e chegando incluso a formulalas ante a Valedora do Pobo, polos graves danos que esta situación provocou en todos nós, especialmente nos compañeiros destinados fóra de Galicia, mereceu a pena.

Achegámosvos cadro facilitado pola EGAP con todas as propostas formativas para o vindeiro ano, reflictíndose novos cursos de grande interese para o noso colectivo polas moitas reformas lexislativas operadas nestes eidos como son os cursos de  dereito concursal e xurisdicción voluntaria.

FORMACIÓN 2016 NOTA INFORMATIVA COS CURSOS

 

REGULACIÓN SISTEMA LexNET

spjusoinforma2 Publicado   Real Decreto 1065/2015, de 27 de noviembre, sobre comunicaciones electrónicas en la Administración de Justicia en el ámbito territorial del Ministerio de Justicia y por el que se regula el sistema LexNET

Pero solo de aplicación para ámbito Ministerio, Castilla La Mancha, Castilla León , Murcia, Baleares, Extremadura, Ceuta,  y  Melilla  en los respectivos territorios transferidos , se deberá esperar  a que los respectivos gobiernos lo desarrollen.

NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE “A PARDA” PONTEVEDRA

circular – PONTEVEDRA – NOVO EDIFICIO XUDICIAL  Ante a multitude spjusoinforma3de consultas e a inquedanza dos compañeiros, informamos sobre os datos dos  que dispoñemos a día de  hoxe, tendo en conta o escurantismo da administración nalgúns puntos relativos a este tema.

Co novo edificio xudicial preténdese  remediar a situación de dispersión actual, dado que os Xulgados de Pontevedra repártense en tres sedes diferentes: na Audiencia Provincial, na Parda e na rúa Xermán Adrio onde se ubican os 3 xulgados do Contencioso.

No novo edificio reubicaranse 14 xulgados:

  • Os catro Xulgados do Social,
  • Os dous Xulgados do Mercantil,
  • Os tres Xulgados do Contencioso-Administrativo
  • Os cinco Xulgados de Instancia. Estes pasarán do edificio actual ao novo, coa idea de xuntar todos os órganos que non sexan da xurisdición penal.

Ademais, a nova obra terá capacidade para 14 Xulgados máis, o que cubriría as posibles necesidades de espazos para os vindeiros anos, segundo a Administración.