Archivo diario: 20/05/2008

Pagas Extra

Polo Subdirector Xeral de Relacións e Recursos Humanos da Administración de Xustiza, despois de aclarar co Ministerio as dúbidas interpretativas que ofrece o Acordo do Consello de Ministros en relación coa «paga adicional», comunicasenos que dende a Dirección Xeral de Xustiza estanse a levar a cabo os trámites oportunos para o seu pagamento. Para visualizar as cantidades, premer sobre o logo

Base de datos Tirant on line

Persoal da editorial TIRANT TO BLANCH presentará a súa nova base de datos xurídica «Tirant on line» en varias sesións de demostración, que se realizarán nos edificios xudiciais das sete cidades galegas durante os vindeiros días 22 de maio a 5 de xuño. Achegamos como documento asociado a relación de datas previstas. A través dos decanatos ou presidencias das audiencias respectivas coordinarase o horario e a organización en grupos de usuarios para asistir a estas presentacións. Para maior información dirixirse aos decanatos da Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e á secretaría da Audiencia de Lugo. En Coruña, a día de hoxe no se concretaron os horarios e grupos. Para ver o listado premer sobre o logo