Archivos de la categoría SAUDE LABORAL

Cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de emerxencias da Cidade da Xustiza de Vigo

No DOG de hoxe vense de convocar cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal  dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a Xefatura de Emerxencia e/ou Primeira Intervención da Cidade da Xustiza de Vigo.

Sigue leyendo

CAMPAÑA DE VIXILANCIA PERIÓDICA DA SAÚDE 2025

¿Sabes qué es un reconocimiento médico?

No DOG do 4 de febreiro publicouse a Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia, e na que estamos tamén incluídos os funcionarios de xustiza.

inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento dispoñible na Opax. O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG.

Podes ver máis información na seguinte  enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250204/AnuncioG0759-140125-0004_gl.html

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DO 4-09-24

Onte  tivo lugar a celebración do Comité de Seguridade e Saúde cos seguintes puntos:
REGULAMENTO DO COMITÉ DE INTERVENCIÓN

Tras a publicación do Protocolo de Acoso no Traballo en abril de 2023. quedaba pendente para a súa completa funcionalidade a elaboración do Regulamento do Comité de Intervención.

Desde SPJ USO consideramos que se pode mellorar pero ante a urxencia da súa posta en marcha para que tod@s @s funcionari@s de Xustiza estean minimamente protexidos, demos o OK.

Igualmente seguimos insistindo na falta dun Protocolo de Coordinación co Ministerio de Xustiza, dado que ante unha denuncia de acoso pode estar implicada a figura dun xuíz, fiscal ou letrado.

 A DXX comprometeuse a convocar unha reunión nun prazo aproximado de dez a quince días para tentar mellorar a regulación do Comité de Intervención e tamén para finalizar co Protocolo de Acoso Sexual.

ACTIVIDADES DE PREVENCIÓN REALIZADAS ATA O MOMENTO

As últimas avaliacións de Riscos efectuadas nestos últimos meses foron en Becerrea, Chantada, Mondoñedo, Ribadavia, Xinzo de Limia e Silleda. Desde SPJ USO vimos solicitando que aquelas medidas correctoras que son enumeradas polo equipo de prevención de riscos nas Avaliacións de Riscos, na medida na que estas sexan corrixidas pola DXX póñanse en coñecemento para a súa posterior verificación. A data de hoxe non se nos notificaron, polo que solicitamos que  aqueles compañeiros que pasando o equipo de Prevención de Riscos polos seus postos de traballo e tras a correspondente avaliación e non corrixíndose as  medidas  poñádesnolo en coñecemento para solicitar o seu correspondente cumprimento

ADAPTACIÓN DE POSTO POR MOTIVOS DE SAÚDE  Entre maio e agosto 2024 – foron 2.
ADSCRIPCIÓNS POR MOTIVOS DE SAUDE, Entre maio e agosto non se presentaron solicitudes.

Desde SPJ USO solicitamos que este tipo de solicitudes sexan trasladadas ao Comité de Seguridade e Saúde para a súa valoración e concesión e non se realice de maneira arbitraria.

ROGOS E PREGUNTAS.

Hoxe non elevamos moitas preguntas á DXX porque primeiro, a calidade do son era pésima e segundo porque consideramos que esta reunión non debe ser un paripé para cumprir os prazos establecidos na Lei de Prevención de Riscos, senón para tentar dar solución aos problemas existentes día a día nos postos de traballo e hai moitas preguntas efectuadas por este Sindicato que non reciben resposta, polo que tentaremos que as sucesivas reunións sexan realizadas de maneira presencial e que na medida do posible por parte da DXX den resposta, polo que resumimos os puntos máis destacados no día de hoxe xa que foron reinvindicaciones e peticións constantes por parte de SPJ USO nos Comités de seguridade e saúde:

PLAN DE EMERXENCIA CIDADE DA XUSTIZA.

Esta foi unha petición constante por parte deste Sindicato desde que se abriron as portas na Cidade da Xustiza de Vigo que precisaba o desenvolvemento e posta en marcha dun Plan de Emerxencia e extinción de incendio, dada a magnitude do edificio da cidade olívica e do risco que conleva en sí mesmo e por fin parece que arranca. A DXX comunicounos que os grupos de acción xa están formados e que hai dúas convocatorias para a súa posta en marcha.

PRIMEIRA.- Reunión para o próximo 17 de Setembro entre Axentes Externos, bombeiros, policía local, Protección civil, e servizo de Ambulancias co fin de organizar o correspondente simulacro e posiblemente ese día fíxese unha data no calendario para a súa realización.

SEGUNDA.- O día 26 de setembro procederase á formación dos Grupos de Acción, onde se ensinarán as súas funcións e sobre todo como actuar en caso de emerxencia coñecendo ben as vías de evacuación.

GAS RADÓN

A DXX comunícanos as datas e os edificios nos que os técnicos do Laboratorio de Radón de Galicia realizarán as visitas para a instalacións dos dispositivos de medición .

É MOI IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.

O 10 de setembro de 2024:

– Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

– Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fábrica de tabacos)

O 11 de setembro de 2024:

– Audiencia Provincial de Pontevedra

– Edificio Xudicial de Marín

O 12 de setembro de 2024:

– Audiencia Provincial de Lugo

– Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)

O 13 de setembro de 2024:

– Audiencia Provincial de Ourense.

O 16 de setembro de 2024:

– Edificio Xudicial de Noia

DESDE SPJ USO INSISTIMOS XA QUE LEVAMOS ANOS TENTANDO QUE ESTAS MEDICIÓNS SE REALICEN XA QUE DE EXISTIR GAS RADÓN, PODE SER UN ELEMENTO DE ALTO RISCO PARA A SAÚDE DOS TRABALLADORES, POLO QUE É IMPORTANTE SEGUIR EXTRICTAMENTE  AS ORDÉNES DOS TÉCNCIOS DE PREVENCIÓN E BAIXO NINGÚN CONCEPTO TOCAR OU MANIPULAR Os DISPOSITIVOS.

ESCÁNER NOS XULGADOS

 Como xa comunicamos empezáronse a súa colocación  nos partidos de 4 xulgados, continuarán cos partidos xudiciais de 3, pasarán aos dous e por último aos de un.  Os próximos a instalar serán en Ordes, Betanzos, Sarria e no Carballiño

DESFIBRILADORES NAS VILAS

De aquí a finais de ano  comezarán a instalalos nos Xulgados de pobos, comezando polos partidos xudiciais con 4 xulgados.

 

CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

A DXX convoca para o vindeiro xoves 5 de setembro, as 11:00 horas, reunión do Comité de Seguridade e Saúde.

 

Orde do día:

  1. Aprobación da Acta da sesión anterior
  2. Regulamento do Comité de Intervención
  3. Actividades de prevención realizadas ata o momento
  4. Rogos e Preguntas

Xunto coa convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral achégase a seguinte documentación:

  1. Acta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do 23 de maio de 2024
  2. Avaliacións de riscos realizadas e remitidas dende o último CSSL
  3. Adaptacións de postos por motivos de saúde e adscricións por motivos de saúde
  4. Comisións de servizo por causas especiais (artigo 16)
  5. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais
  6. Proposta de regulamento do Comité de Intervención (mesma versión que a remitida nas datas 13.12.2023 e 12.01.2024)

COMITÉ DE SEGURIDAD  Y SALUD 23-5-24

 

Onte  tivo lugar a celebración do Comité de Seguridade e Saúde cos seguintes puntos:

1.-INFORMACIÓN SOBRE A PROGRAMACIÓN ANUAL EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA 2024. Este ano serán avaliados polo equipo de Prevención de Riscos  24 centros de traballo:

A CORUÑA.Xulgados Audiencia Provincial, Xulgados da Coruña, Xulgado de  Corcubión, Xulgado de Muros,Xulgado de Negreira, Xulgado de Ordes, Xulgado de Ortigueira, Xulgado de Padrón.

LUGO.- Xulgado de Becerreá,  Xulgado de Chantada, Xulgado de Mondoñedo, -Edificio Xudicial de Lugo.

OURENSE .-Xulgado de O Carballiño, Xulgado de Ribadavia, Xulgado de Xinzo de Limia, Xulgado de Paz de Allariz, Xulgado de Paz de Barbadás,Xulgado de Paz de Pereiro de Aguiar e Edificio Xudicial de Ourense.

 PONTEVEDRA .Xulgado de 1º Inst e Inst Vilagarcía, Xulgados de 1ª Inst. e Inst. de  A Estrada- Xulgado 1ª Inst e Instr. de Marín-Xulgado Paz Silleda

2.-MEDIDAS DE  EMERXENCIA.- a previsión para este  ano se realizará na Cidade da Xustiza de Vigo. Sigue leyendo