
📢🔊 ÚLTIMAS INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA REFERENTES ÓS CONCURSOS DE TRASLADOS (21/3/25)‼️
ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza infórmanos do seguinte: ⤵️
🔴 CONCURSO DE TRASLADOS 2024-1 DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO: O Ministerio ratifica a súa intención de publicar a resolución do concurso a finais de ABRIL ou PRINCIPIOS DE MAIO, resolución que establecerá directamente as datas de cese no posto de orixe.
👉 Igualmente o Ministerio reafírmase na súa intención de convocar ANTES DO VERÁN A SEGUNDA PARTE DO CONCURSO 2024, CONCURSO 2024-2, coas prazas dos pobos incluídos na fase 1 da implantación dos Tribunais de Instancia.
👉 Tamén reafirma o Ministerio a súa intención de convocar antes de finais de ano o Concurso de Traslados correspondente ó ano 2025.
🔴 CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES: Publicarase antes de semana santa, e igual que nos corpos xerais, conforme á sentencia do Tribunal Supremo, computarase o tempo traballado como titular ou interino.
🔴 CONCURSO DE TRASLADOS DE LAX: A publicación da resolución definitiva do Concurso de Lax producirase no BOE do 29 de marzo.


















