
ÚLTIMA HORA: SITUACIÓN ACTUAL DO TELETRABALLO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA GALEGA‼️
ℹ️➡️ Tralos últimos acontecementos relativos ó TELETRABALLO, dende SPJ-USO, tras poñernos en contacto coa Dirección Xeral de Xustiza garántennos:
- As VPN van seguir operativas para o que se queira e se necesite.
- Os ordenadores portátiles vanse a seguir instalando nos postos de traballo conforme estaba previsto.
- Sempre co CONSENTIMENTO do Lax, Fiscal Xef@, Director@ do Imelga, os funcionarios poderán seguir teletraballando.
📣 SPJ-USO tentou por tódolos medios que a autorización da continuación do teletraballo se fixese de forma expresa e por escrito por parte da DXX, sen que a DXX accedese ó solicitado ata o momento, e pasandolle a responsabilidade ós LAX, polo que informamos do que se nos transmite dende a DXX.
👉 Manterémosvos puntualmente informados da reunión sobre teletraballo a celebrar o vindeiro mércores día 8 de novembro, onde SPJ-USO como sindicato maioritario seguirá presionando á DXX, como xa fixemos en diversos escritos presentados e reunións mantidas, para que, como están facendo outras Comunidades transferidas como Andalucía, Valencia, Aragón ou Asturias, se dicte unha instrucción clara por parte da DXX mantendo o teletraballo nos termos que tíñamos, ata que se publique a nova regulación do teletraballo por parte do MInisterio de Xustiza ou da Comunidade galega, iniciándose para elo os trámites oportunos.


















