TELETRABALLO NA XUSTIZA GALEGA!!! IMPORTANTE!!! Solicitude, requisitos, cándo, cómo, etc…

WhatsApp Image 2020-04-15 at 18.08.03

No apartado de INFORMACIÓN CORONAVIRUS creouse unha nova xanela onde se inclúe toda a información de interese relativa á modalidade de prestación de servizos mediante teletraballo á que se poden acoller os funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en  Galicia».

http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/teletraballo/solicitude
 

SOLICITUDE DE TELETRABALLO:

Está habilitada para os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia a posibilidade de prestar servizos mediante teletraballo, accedendo en remoto ao seu equipo da oficina e a todas as aplicacións: Minerva-Nox, Fortuny, Lexnet, Portasinaturas, Visor, Sirax e PNX, entre outras.

Lembra que no teletraballo mantéñense as obrigas de confidencialidade e protección de datos.

  • Dispoñer de medios técnicos propios.
  •  funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración de Xustiza, Fiscal Xefe ou Subdirector do Imelga) co seguinte texto:

    Funcionario que solicita o teletraballo:

    Nome e apelidos:

    Correo electrónico (@xustiza.gal):

    DNI:

    Corpo:

    Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo):

    DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.

    O superior funcional debe autorizar o teletraballo.Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:

    Responsable funcional que autoriza o teletraballo:Nome e apelidos:

    Corpo:

    Órgano xudicial do que son responsable:

    Coñecer e cumprir as normas de prevención de riscos laborais.

O funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración de Xustiza, Fiscal Xefe ou Subdirector do Imelga) co seguinte texto:

Funcionario que solicita o teletraballo:

Nome e apelidos:

Correo electrónico (@xustiza.gal):

DNI:

Corpo:

Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo):

DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.

O superior funcional debe autorizar o teletraballo.Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:

Responsable funcional que autoriza o teletraballo:

Nome e apelidos:

Corpo:

Órgano xudicial do que son responsable:

 

Unha vez tramitada a solicitude de alta no servizo de conexión remota á Rede Corporativa da Xunta de Galicia mediante VPN, recibirás na túa conta de correo corporativa o manual coas instrucións para a súa configuración.

É importante consultar con frecuencia a conta de correo debido a que é o medio polo que se comunicará a activación do acceso mediante VPN. Lembra verificar que non tes a caixa de correo chea (ocupación 100%) para garantir que recibes as comunicacións.

Unha vez que teñas recibida a confirmación xa poderás conectarte á rede corporativa, coa posibilidade de realizar escritorio remoto ao teu equipo de posto de traballo na sede xudicial.

Se precisas asesoramento ou soporte técnico para a configuración da conexión remota VPN podes contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.