SPJ-USO volve reclamar e solicitar por terceira vez a paralización de toda actividade xudicial que non atente contra dereitos fundamentais das persoas.
Ante a decisión do goberno de endurecer as medidas de confinamento e paralizar toda actividade non esencial en España SPJ USO volve reclamar e solicitar o xa feito hai 10 días paralizar toda actividade xudicial que non atente contra dereitos fundamentais das persoas, e servirse únicamente do xulgado de garda de cada partido xudicial para tramitar e resolver conflitos xudiciais, E así non poñer en risco mais traballadores dos indespensables
Esiximos ao Ministerio de Xustiza e á DXX que, para evitar a propagación do Coronavirus, que se proceda de inmediato o PECHE TOTAL DE TODAS AQUELAS DEPENDENCIAS XUDICIAIS NAS QUE NON SE PRESTAN SERVIZOS ESENCIAIS, agás Rexistro Civil e os Órganos e servizos en funcións de Garda, manténdose nun réxime de dispoñibilidade e continua localización ao resto do persoal, para que atenda de maneira exclusiva aquelas ACTUACIÓNS URXENTES E QUE SEXAN DO TODO INAPRAZABLES. Avogamos polo PECHE ABSOLUTO E INMEDIATO DE TODOS AQUELES CENTROS DE TRABALLO QUE SON FOCO DE CONTAXIO, nos que se debe proceder inmediatamente á desinfección cos materiais e produtos aprobados polos servizos de prevención de acordo co Ministerio de Sanidade.
E denunciamos A DISCRIMINACIÓN das medidas aprobadas que supoñen para os funcionarios dá Xustiza, discriminación respecto a outras instancias ás que se lles permite traballar non seu domicilio, tal e como aproba o Consello Xeral do Poder Xudicial para o colectivo de Xuíces e Maxistrados
Estamos ante unha crise de pandemia mundial, na que a día de hoxe estanse tomando medidas drásticas para evitar o contaxio, non é necesario pechar Órganos xudiciais pero tampouco hai unha razón de peso para ter funcionarios nos xulgados, cando temos outras solucións sen poñer en risco a súa saúde; os LAX de garda cos medios de que dispoñen na actualidade, poden comprobar a urxencia dos escritos, comunicarllo o LAX ou o XUÍZ do xulgado do cal é a urxencia e éste á súa vez ao funcionario que lle toque por quenda de dispoñibilidade, evitando así que os funcionarios corran riscos innecesarios saíndo de casa para esa urxencia, cumprindo así debidamente a Orde do Ministro de Sanidade. “QUÉDATE NA CASA»
SUSPENSION OFICINAS JUDICIALES


















