SPJ-USO SOLICITA MESA DE NEGOCIACIÓN PARA; A ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR, PERSONAL E LABORAL,URXENTES E EXTRAORDINARIAS; NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA

Conciliación da vida laboral, persoal e familiar veu para quedar, porque é unha  realidade innegable,  que estamos  a vivir,  con  nome de pandemia,  sen medidas de conciliación, reais e efectivas, que deixan en xaque mate as nosas vidas, en todos os sentidos e, polo tanto,  que é unha materia pendente e ineludible, con moito traballo por diante. 

 No  ámbito de Administración de Xustiza, desde SPJ-USO vimos demandando esta necesidade de conciliar desde hai tempo,  reclamando a constitución da correspondente  MESA DE CONCILIACIÓN NA XUSTIZA GALEGA para negociar diferentes medidas. Non chegou a tempo e sorprendeunos un virus cos deberes sen facer. 

 SPJ-USO, como medida fundamental, apostaba pola implementación do teletraballo, e non se equivocaba, comprobada está a boa acollida e os positivos resultados,  a pesar de termos que botar man da improvisación, ante a dita falta de regulación. Pero  agora mesmo  falar só de teletraballo é insuficiente,  son necesarias máis medidas que consideramos que deben adoptarse con carácter de extraordinarias e urxentes, á altura das circunstancias presentes. 

Ante o novo panorama en que nos atopamos  e dado, ata o momento,  o silencio da DXX, este sindicato mostra a súa preocupación porque son moitas ás dúbidas sen resposta.  

Por iso, INSTAMOSLLE á Administración para que mostre unha rápida predisposición e vontade para dar solucións, en forma de MEDIDAS DE CONCILIACIÓN,  URXENTES E EXTRAORDINARIAS, acordes coa situación actual de perigo da “nova normalidade”, REITERÁNDONOS NAS SEGUINTES PETICIÓNS,  para os efectos de:

1.-  A CONTINUIDADE DO TELETRABALLO,  como parte das medidas de conciliación urxentes a negociar, xa a que dia de hoxe aínda non consta ningunha regulación específica, e xa é hora de regular un método de traballo que chegou para quedar. A día de hoxe hai 300 persoas teletraballando e necesitamos unha regulación específica. A DXX  deberá establecer  o reembolso ou compensación dos costes variables, electricidade, equipos informáticos e o seu mantemento…

2.- NEGOCIAR sobre FLEXIBILIDADE HORARIA, que favoreza a conciliación permitindo adaptar a xornada laboral en caso de funcionarios con fillos menores de 12 anos,  persoas dependentes a cargo, a consecuencia da COVID, debidamente xustificado;  sistemas de compensacións de días e horas.

3.- A CONTINUIDADE DO HORARIO ACTUAL DE 6 HORAS, facilitando a flexibilidade horaria para que sexa compatible coa conciliación familiar.

 4.- NOVOS PERMISOS EXCEPCIONAIS polo tempo indispensable, a consecuencia do COVID, debidamente xustificados e adaptación ante situacións de fillos menores, incapacitados o maiores dependentes que deban quedarse en aislamento domiciliario, ben porque cerre o centro escolar, centro de día, etc. 5.-  CONCEDER O DESFRUTE DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS, ata o 30 de abril de 2021, para os efectos da organización laboral e familiar

VER ESCRITO PRESENTADO.-


Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.