ENTRADA EN VIGOR: MAÑÁ MÉRCORES 15.
A DXX acaba de remitirnos a Resolución do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se determinan os servizos mínimos na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, adaptándoos ao Real decreto lei 487/2020, do 10 de abril.
Accede a Resolución:
Resolución do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se determinan os servizos mínimos na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, adaptándoos ao Real decreto lei 487/2020, do 10 de abril
Ante as múltiples consultas efectuadas, e importante destacar que aquel persoal que teña concedido permiso por deber inescusable, ou que solicitara a exención por padecer patoloxías susceptibles de agravarse co contaxio da COVID-19, non poderá ser chamado a participar nas quendas presenciais ou de dispoñibilidade.
RESUMO DOS SERVIZOS MINIMOS PRESENCIAIS
Os xulgados e fiscalías en servizo de garda deberán contar con toda a dotación de
persoal que preste o servizo de garda, a fin de atender debidamente o servizo.
Nos demais órganos xudiciais e fiscais, e no Instituto de Medicina Legal de Galicia, o persoal que ha de atender de xeito presencial o servizo público de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia será, polo menos, o seguinte:
*1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:
1.1. Un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. en cada unha das seccións orgánicas ou funcionais das súas salas, e un funcionario do corpo
de auxilio xudicial por cada unha das salas.
1.2. Secretaría de Goberno: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un
funcionario do corpo de tramitación P.A.
1.3. Gabinete Técnico da Presidencia: un funcionario do corpo de xestión P.A.
ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou
de tramitación P.A., así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.
*2. Audiencias provinciais:
*2.1. Seccións: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., e
mais un funcionario do corpo de auxilio xudicial, por cada unha das respectivas seccións.
*2.2. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou
de tramitación P.A., así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o
volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.
*3. Xulgados unipersoais:
*– Xulgados de instrución e de primeira instancia e instrución de garda: os
funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente.
*– Xulgados de instrución e de primeira instancia e instrución que non estean de garda, o os especializados en violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.
*– Xulgados de violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A., un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
*– Xulgados do penal: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial cada catro xulgados ou fracción.
*– Xulgados de primeira instancia, incluídos os especializados en familia, e xulgados do mercantil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada xulgado, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.
*– Xulgados do contencioso-administrativo: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial, para todos os xulgados.
*– Xulgados do social:* un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.
*– Xulgados de vixilancia penitenciaria: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
*– Xulgados de menores: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
*– Servizos comúns de notificacións e embargos: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
*– Decanatos-Servizos de rexistro e repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada sede. O letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.
*– Servizos comúns de atención ao cidadán e á vítima: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada oficina.
*– Xulgados de paz: un funcionario.
*4. Rexistros civís:
*– Rexistros civís exclusivos: dous funcionarios do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación, así como, se for o caso, aqueles funcionarios, incluídos os do corpo de auxilio xudicial, que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable determine para atender os servizos esenciais declarados nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que, dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo.
*– Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución con funcións de Rexistro Civil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial. Ademais dos que deban estar presentes pola quenda xeral nos xulgados de primeira instancia ou de primeira instancia e instrución, ou dos de rexistro e repartición se fora un funcionario destes mesmos xulgados, o letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación cando o estime preciso para atender
os servizos esenciais nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que,
dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo.
*5. Fiscalías
Deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais cun 10% aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación P.A. e de auxilio xudicial de
cada unidade, designados polos fiscais xefe.
*– Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma: un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial.
*– Fiscalías provinciais: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial nas de *Lugo e Ourense,* e dous funcionarios nas da *Coruña e Pontevedra.
*– Fiscalías de área: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial na de Santiago, e dous funcionarios na de Vigo.
*– Seccións territoriais: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. en cada sección territorial, para o servizo de garda.
*6. Instituto de Medicina Legal:
– Os médicos forenses de garda.
– Un funcionario para cada subdirección territorial, designado pola directora do Imelga.
IMPORTANTE: HORARIO DOS SERVIZOS MÍNIMOS.
O horario dos servizos mínimos presenciais é de 9 a 14 horas.
Excepcións:
➖ Xulgados con gardas de permanencia que se aterán á súa regulación específica.
➖ Xulgados de Paz: de 10 a 13 horas
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...