SITUACIÓN ACTUAL DAS OPOSICIÓNS DE XUSTIZA – QUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA – OEP 2017/18

oposicións

OPOSICIÓNS – TURNO LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA.

SITUACIÓN ACTUAL DAS OPOSICIÓNS DE XUSTIZA

AUXILIO XUDICIAL – PENDIENTE DE CONVOCATORIA: A convocatoria de auxilio xudicial, que supostamente non se fixo en decembro, como estaba previsto, para que non coincidise o prazo de presentación de instancias co Nadal, segundo se excusou o Ministerio; agora parece ser que “intentarán” publicala antes de finais de xaneiro, pero sen poder concretar data….. (cousas que só pasan no Ministerio de Xustiza….)

TRAMITACIÓN P.A. – TURNO LIBRE: Pendiente de que o Tribunal resolva as impugnacións presentadas ás preguntas do primeiro exercicio, e posteriormente publicación da plantilla definitiva, relación de aprobados e notas de corte.

Prevese a publicación das notas de corte a partires de mediados de xaneiro, e posteriormente á semana seguinte a relación de aprobados con nomes e apelidos e o sinalamento de data para o 3º exercicio.

Prevese a celebración do exame de Word para os primeiros findes de marzo, podendo retrasarse caso de ter que celebrar exame de incidencias.

TRAMITACIÓN P.A. – PROMOCIÓN INTERNA:  O prazo de alegacións ós listados provisionais de méritos rematou o 2 de xaneiro, estándose á espera da publicación dos listados definitivos dos méritos da fase de concurso.

XESTIÓN P.A. – TURNO LIBRE: Está previsto o exame de incidencias para o vindeiro 17 de xaneiro, e non está claro se antes desa data se publicarán as relacións de aspirantes que superaron o primeiro exercicio e as notas de corte en cada ámbito territorial, ou se se publicará despois do exame de incidencias, que é o mais probable, pero o Tribunal non o aclara.

XESTIÓN P.A. – PROMOCIÓN INTERNA: Tras ser requeridos algúns opositores polo Tribunal para nova presentación de méritos (non recibidos por problemas “técnicos” do Tribunal) ata o 15 de xaneiro, prevese que non se publiquen os listados provisionais de méritos ata mediados de febreiro como pronto.

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados… FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.