RESOLUCIÓN CONCURSO ESPECIFICO FISCALIA DE VIGO

 

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo.

Accede a resolución pica aquí.

Primeiro

Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo

Resolver o concurso específico e adxudicar o posto de coordinador/a da Oficina de Fiscalía I da Fiscalía de Área de Vigo a:

– Susana Losada Méndez.

Terceiro

Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga de forma simultánea en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.